[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Plan Deportes 2008
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas

Páxina [1] 2
DEPORTES 

Deputación de Pontevedra

premios a deportistas 2007

Bases | Premiados

Bases

PRIMEIRA
Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acreedores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectua-la mesma.

SEGUNDA
Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais da provincia de Pontevedra. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs.

TERCEIRA
As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 31 de xaneiro do 2008, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta.

CUARTA
Para designar ó/á Deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros:

  • Presidente:
    O titular da Deputación ou deputado no que delegue.
  • Vogais:
    Oito representantes da Asociación de Prensa Deportiva.
    Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción:
    • Tres do Partido Popular,
    • Dous/dúas do PSOE
    • Un/unha do BNG.

    Un/unha representante das Federacións Deportivas.
    Un/unha representante do Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue.

A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as.

QUINTA
Á parte das nominacións formuladas polas Federacións e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións.

SEXTA
O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ó que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2007, nomeándo/a “DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO”.

SÉPTIMA
O Xurado designará “un premio especial” á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo.

OITAVA
A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE”, que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as.



Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/01/2010 09:26
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/