[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral para a formación de 24 alumnos para o Proxecto MOBILIA

Bases xerais | Bases soldarores
Bases carpinteiros | Modelo de solicitude
Listado provisional admitidos

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIÓN:
De conformidade co establecido no artigo 34.g) da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999 de 21 de abril, RESOLVO aprobar a presente convocatoria, para a contratación laboral para a formación de 24 alumnos para o Proxecto MOBILIA, que se rexerán polas seguintes bases xerais e específicas:

BASES XERAIS

1.— PRINCIPIOS REITORES E OBXECTO DA CONVOCATORIA

  • 1.1.- De conformidade co disposto no artigo 55 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, en adiante EBEP, artigo 9.2 da Lei 13/2007 de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988 de 26 de maio da función pública de Galicia demais disposicións de concordante aplicación, as bases que rexen a presente convocatoria respectarán os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade, transparencia, imparcialidade e transparencia dos órganos de selección. Respecto a estes últimos, independencia e discrecionalidade técnica na súa actuación. Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas a desenvolver. Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, así como paridade entre home e muller cando proceda e igualdade de oportunidades entre sexos.
  • 1.2.- Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral baixo a modalidade “contrato para a formación”, regulado no artigo 11 do Real decreto 488/1998, e artigo 8.2 do Estatuto dos traballadores, do persoal que se relaciona a continuación, con cargo ó Proxecto MOBILIA, para o que a Deputación de Pontevedra solicitou unha subvención de acordo coas bases reguladoras da convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano durante o período de intervención 2007-2013, aprobadas por resolución de 7 de novembro de 2007 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial.
  • 1.3.- A finalidade do proxecto é pór en marcha, nas instalacións do centro de formación CIDADE + do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios un taller de emprego, cuxo obxectivo é a formación e inserción de desempregados en profesións altamente solicitadas no mercado laboral.

PERSOAL NECESARIO

  • 12 alumnos para o módulo de soldadura.
  • 12 alumnos para o módulo de carpintería de madeira.

2.— SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o seguinte sistema de selección: ENTREVISTA PERSOAL.

Na ENTREVISTA o tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas sobre aspectos relacionados co desempeño dos postos obxecto destas contratacións a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular.

3.— REQUIRIMENTOS DOS ASPIRANTES

  • 3.1.- Con carácter xeral, sen prexuízo do establecido nas respectivas bases específicas para cada un dos postos de traballo convocados os aspirantes, para poder participar nestes procesos selectivos, deberán reunir requirimentos xerais esixidos no artigo 56 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, en adiante EBEP, en particular:
    • Ter a nacionalidade española, coa salvidade establecida no artigo 57.4 do EBEP (acceso ó emprego de nacionais doutros estados).
    • Posuír a capacidade funcional para desempeñar as tarefas.
    • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, se é o caso, de 21 anos de idade cando non teñan a titulación esixida para a formalización dun contrato en prácticas.
    • No caso de persoas que acrediten discapacidade non se esixirá idade máxima.
    • No caso de desempregados que se incorporen como alumnos-traballadores ós programas de escolas taller a idade máxima é de 24 anos.
    • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios da comunidades autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado.
    • No caso de ser nacional doutro Estado non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
    • Posuír a titulación esixida.
  • 3.2.- Ademais, ter ingresado na Tesourería da Deputación de Pontevedra a cantidade fixada como dereitos de exame.
  • 3.3.- Os aspirantes deberán posuír todos os requirimentos sinalados no apartado anterior ou estar en condicións de os obter o día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos polo menos ata a data de formalización do contrato laboral correspondente.

4.— SOLICITUDES

  • 4.1.- Para poder participar na presente convocatoria os/as aspirantes deberán presentar unha instancia, no modelo que se achega como anexo 1, dirixidas ó Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, na que constarán os datos persoais do solicitante, domicilio e denominación do posto de traballo ó que opta, xunto coa fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou de ser o caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados (orixinais ou copias debidamente compulsadas).

    Para poder ser admitidos nas probas selectivas deberán manifestar nas súas solicitudes que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data na que finalice o prazo de presentación de instancias mediante declaración xurada.

    O modelo seralles facilitado ós/as aspirantes no Rexistro xeral da Deputación.

    Á solicitude xuntarase a seguinte documentación:

    1. Fotocopia do DNI por ambos os dous lados debidamente compulsada.
    2. Fotocopia compulsada da titulación esixida.
    3. Acreditación de encontrase en demanda ou mellora de emprego.
  • 4.2.- O prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  • 4.3.- As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ou polo procedemento establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, en adiante LRXPAC.
    As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario/a de Correos antes de ser certificadas.
  • 4.4.- Os datos que figuren na solicitude vinculan os/as aspirantes, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán corrixirse en calquera momento, ben de oficio ou a instancia de parte.

5.— DEREITOS DE EXAME

  • 5.1.- Será requirimento necesario para participar nestes procesos selectivos aboar os seguintes dereitos de exame e os gastos de tramitación que, se é o caso, determine a entidade bancaria, que poderán ingresarse directamente na Tesourería da Deputación ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á Deputación de Pontevedra. Número de Conta: Caixanova 2080 0401 68 0040106618.

    Se o ingreso non se fai directamente na Tesourería provincial o/a solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou transferencia e o número de resgardo.

  • 5.2.- Importes: ………………………………… 20 €
  • 5.3.- En ningún caso a presentación da documentación descrita nos apartados anteriores substituirá o trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.
  • 5.4.- Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós interesados/as que sexan excluídos definitivamente das listas de admitidos.

6.— ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  • 6.1.- Finalizado o prazo de presentación de instancias o presidente ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, se é o caso, os motivos de exclusión, que se publicarán no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra.
  • 6.2.- Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. No caso de que se producisen reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación definitiva da lista de admitidos no taboleiro de anuncios.
  • 6.3.- Contra a dita resolución poderase interpor un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación (artigos 107 e 117 da LRXPAC), ou ben recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  • 6.4.- O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as, non supón que se lles recoñeza ós aspirantes que posúan os requirimentos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que superen o proceso selectivo.

7.— TRIBUNAL CUALIFICADOR

  • 7.1. O tribunal cualificador será designado polo presidente da Deputación e estará integrado por un presidente, un secretario e tres vogais, atendendo ó principio de profesionalidade dos seus membros e tendo en conta ademais a paridade entre home e muller. Todos os membros terán voz e voto.
  • 7.2.- Será designados tanto titulares como suplentes e non poderán ter a condición de membros do tribunal o persoal de elección ou designación política os funcionarios interinos e o persoal eventual.
  • 7.3.- Os membros do tribunal deberán posuír unha titulación ou especialización igual ou superior ás esixidas para acceder ós postos de traballo convocados.
  • 7.4.- Poderán incorporarse ó tribunal asesores especialistas, con voz pero sen voto, cando pola natureza ou circunstancias dalgunha das probas sexa aconsellable, limitándose o seu labor ó asesoramento técnico na súa especialidade.
  • 7.5.- A resolución presidencial designando os membros do tribunal cualificador, titulares e suplentes publicarase no taboleiro de anuncios da Deputación, conxuntamente coa lista definitiva de admitidos.
  • 7.6.- Serán aplicables as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da LRXPAC, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
  • 7.7.- O tribunal constituirase na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes.
  • 7.8.- En canto ó réxime de funcionamento estarase ó disposto na LRXPAC e ás bases xerais e específicas da presente convocatoria.
  • 7.9.- En caso de ausencia do presidente titular ou suplente actuará no seu lugar o membro designado en primeira orde.
  • 7.10.- Os membros do tribunal e, se é o caso, os asesores técnicos que asistan ás sesións percibirán os importes que correspondan de acordo coas contías establecidas no Real decreto 462/2002 de 24 de maio de indemnizacións por razón do servizo.

8.— COMEZO DOS EXERCICIOS

  • 8.1.- Por resolución presidencial fixarase o lugar, a data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora de comezo da entrevista, conxuntamente coa lista definitiva de admitidos, a composición do tribunal, cunha antelación mínima de 5 días naturais.
  • 8.2.- Convocaranse os aspirantes nun único chamamento para a entrevista, decaendo no seu dereito se non comparecesen, salvo casos debidamente xustificados valorados polo tribunal e que resolverá motivadamente de forma expresa.
  • 8.3.- Deberán presentarse para realizar cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal.

9.— DESENVOLVEMENTO DA ENTREVISTA

  • 9.1.- En calquera momento o tribunal poderá requirir ós aspirantes para que acrediten a súa identidade.
  • 9.2.- O chamamento á entrevista realizarase por orde alfabética.
  • 9.3.- Se en calquera momento do proceso o tribunal aprecia que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requirimentos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia do interesado/a, deberá proporlle ó presidente a súa exclusión, indicando as inexactitudes ou falsidades observadas a estes efectos.
  • 9.4.- Concluída a entrevista, o Tribunal publicará na táboa grande de anuncios a relación de aspirantes que superaron dita proba, indicando a puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos terán a consideración de “non aptos”.
  • 9.5.- De conformidade co disposto no artigo 114.1 da LRXPAC, contra os acordos do tribunal poderase interpor recurso administrativo de alzada ante o órgano que os designou.

10.— ENTREVISTA PERSOAL
Será valorada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos. Concluída esta fase o tribunal publicará no taboleiro de anuncios o listado de puntuacións obtidas, de conformidade co disposto na cláusula novena das presentes bases.

11.—
Concluído o proceso selectivo o presidente da Deputación de Pontevedra formalizará o preceptivo contrato laboral baixo a modalidade de “Para a Formación” cos aspirantes aprobados, ó amparo do establecido no artigo 11 do Real decreto 488/1998.

As condicións laborais deste persoal rexeranse polo disposto no contrato de traballo, I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación, no que resulte de aplicación, o Estatuto dos traballadores e demais normativa de concordante aplicación.

12.— PERÍODO DE PROBA
Establecerase un período de proba, de conformidade co disposto no artigo 18 do I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación.

13.— DURACIÓN
O contrato terá efectos desde a data que fixe o presidente na resolución que autorice a contratación: 1 de outubro e ata o 31 de decembro de 2008, se ben poderá prorrogarse unha vez concedida a subvención solicitada no marco das axudas do Programa Operativo FEDER Galicia do Eixe 5 de Desenvolvemento Local e Urbano, ata a finalización da obra ou servizo obxecto da contratación ata un máximo de 12 meses.

14.— CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Deputación de Pontevedra, os tribunais e os/as aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.

15.— INCIDENCIAS
O tribunal de cada proceso selectivo queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dubidas e incidencias se presenten na súa aplicación, e poderán adoptar os acordos necesarios co fin de conseguir o desenvolvemento óptimo do proceso selectivo.

16.— DISPOSICIÓNS FINAIS
As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados, nos casos e na forma establecida pola LRXPAC.

Pontevedra, 5 de xuño de 2008
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 13/06/08, número 114, páxina 24, anuncio 2008006213.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/08/2009 12:41
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/