[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Salceda de Caselas » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Salceda de Caselas
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11
SALCEDA DE CASELAS 

Introducción

O concello de Salceda de Caselas está situado no sur da provincia de pontevedra, limitando cos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui e Porriño. Conta cunha superficie aproximada de 31 quilómetros cadrados nos que se asentan 93 entidades diferenciadas de poboación, nas que viven algo máis de cinco mil cincocentos habitantes.

A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do partido xudicial de Tui, configúrase o que será concello constitucional de Salceda de Caselas, composto polas sete parroquias que o integran na actualidade: Santa María de Salceda, capitalidade do mesmo, San Xurxo de Salceda, San Martiño de Picoña, San Xusto e Pastor de Entienza, San Estevo de Budiño, San Tomé de Parderrubias e San Vicente de Soutelo. Nestas parroquias residían daquela 524 veciños e aproximadamente 2.100 habitantes.

O fondo documental producido polo Concello de Salceda de Caselas no decurso da súa activiadade ó longo destes anos e que aínda se conservaba recibiu no ano 1993 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servicio Técnico de Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra.

Daquela, conseguiríase centralizar no local destiando a arquivo a totalidade dos fondos existentes, carentes da axeitada organización e depositados en penosas condicións no faio da casa do concello, logo de sucesivos traslados e dun depósito provisional nas instalacións do que fora antigo cuartel da Garda Civil.

Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas sobre os fondos, coa intención de levar a cabo a incorporación da documentación xa tramitada, e levar a cabo a reconversión técnica, de acordo co novo cadro de clasificación proposto a nivel nacional para o conxunto dos arquivos municipais.

Ademais da clasificación e ordenación da documentación procedeuse a elaborar os instrumentos de descrición – inventario e catálogo en fichas – necesarios para o seu control e manexo. En total describíronse 3.277 unidades de instalación, dispostas en caixas de cartón ríxido.

Deste fondo elaborouse un inventario que reproducimos de seguido, que describe cada unidade de instalación, cun cadro de clasificación previo que recolle a información xenérica sobre datas extremas e unidades que lle corresponden a cada serie.

Conta tamén este arquivo cun minucioso e actualizado catálogo en fichas que describe os expedientes contidos en cada unha das unidades de instalación de uso imprescindible para quen se queira achegar en profundidade ó coñecemento dos fondos que contén o arquivo municipal de Salceda de Caselas.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/03/2014 10:25
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/