[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 2 DE XUÑO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Silleda » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Silleda
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
SILLEDA 

Introducción

O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada.

Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso.

Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago.

A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda.

A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.

Este concello foi o primeiro da comarca do Deza no que se desenvolveron actuacións por parte do Servicio de Patrimonio Documental cara á organización do seu fondo documental. En 1988 levouse a cabo esta primeira organización, que se completaría máis recentemente, no ano 1995, cunha segunda fase tendente á reincorporación documental e á readaptación do proceso de clasificación adaptándose ó novo cadro de clasificación en uso nos arquivos da administración local deste país.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/12/2003 14:51
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/