[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Gondomar » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Gondomar
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
GONDOMAR 

A documentación

Integran o arquivo municipal de Gondomar, na actualidade, 3.939 unidades de instalación, colocadas en estantería metálica en caixas de cartón ríxido cunha numeración correlativa.

O fondo ten un considerable volume con notable continuidade na maior parte das series documentais dende o século XIX, presentando ademais un bo nivel de conservación.

O conxunto documental foi clasificado en catro grandes seccións de acordo co novo cadro de clasificación proposto para o conxunto dos arquivos dos concellos.

A documentación da sección Goberno, que inclúe a documentación xerada polos órganos persoais e colexiados do propio Concello, supón un catro por cen do total do fondo documental. Destacan especialmente os libros de actas do Pleno, conservados na súa práctica totalidade dende 1837 e doutros órganos colexiados, tales como a Comisión Municipal Permanente dende 1925, ou algunhas Comisións Informativas. Teñen certo interese os regulamentos municipais dende 1906 ou a documentación relacionada coa creación e funcionamento da Entidade Local de Morgadáns.

A documentación da sección Administración, referida ó propio funcionamento interno do Concello, supón un dez por cen do total, destacando polo seu volume a correspondencia, dende 1862; os libros de rexistro, ou a documentación referida ó persoal municipal, con testemuños, neste caso dende 1879. Hai que por de relevo as caixas con Reais Ordes, ordenadas cronoloxicamente, dende 1761 ata 1832.

Moito maior volume ocupan os fondos da sección Servicios, un corenta e un por cen do total, e entre estas sobresae, como é habitual en calquera arquivo municipal, aquela documentación relacionada coa xestión e control das obras municipais ou particulares, das instalacións industriais e comerciais e do urbanismo.

Hai que subliñar tamén nesta sección os padróns de habitantes e as súas alteracións dende 1860; ou a documentación relacionada coas quintas e o exército, con documentos dende 1661 e eleccións dende 1817. Así mesmo, conta con copias dos Interrogatorios e do Real de Legos incompletos do Catastro do Marqués da Ensenada, elaborados no ano 1753 e correspondentes ás parroquias que hoxe integran o Concello.

O maior volume documental corresponde á sección de FACENDA cun corenta e cinco por cendo total: destaca a relacionada coa elaboración e xestión presupostaría, conservada dende 1841 con continuidade. A documentación sobre impostos e taxas ten abundantes testemuños do século dezanove, entre os que sobresaen os libros de afanegado de 1817.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 32.604 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/