[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Crecente » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Crecente
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
CRECENTE 

A documentación

O fondo documental, a pesares das deficiencias de conservación, presentaba un elevado nivel de organización, así como a conservación nas propias oficinas dunha gran parte do fondo e contaba incluso cun inventario da mesma.

Sería no proceso da reforma da superficie baixo cuberta e do seu último traslado cando perdeu esta organización e derivou nun montón de expedientes e libros acumulados sen orden algún, o que dificultou enormemente o proceso definitivo de organización.

Consérvanse un total de 1.703 unidades de instalación en caixas de cartón ríxido. Na súa maior parte corresponde ó pasado século, aínda que se atopan series abundantes do século dezanove e incluso algunhas escrituras de censo e de compras e vendas dos anos 1694 a 1888.

Os órganos de goberno colexiados ven reflexadas as súas actuacións e decisións nas actas do Pleno, conservadas non sempre en bo estado dende 1843, faltando os anos 1836 a 1842, 1900 e de 1933 a 1935; as da Xunta Municipal conservadas corresponden ó período 1901 a 1924 e as da Comisión Municipal Permanente están completas dende 1924, coa excepción do período 1932 a 1948 no que non existiu.

A elaboración e xestión das contas municipais está documentada dende 1844, e poden encontrarse documentos referidos ás quintas dende 1898. O resto da documentación producida na xestión administrativa e dos distintos servicios municipais non ten testemuñas máis ca do século actual.

O fondo documental municipal conta cunha completa gama de instrumentos de descrición, tanto en soporte tradicional como informatizados, resultando un inventario descritivo, en fichas ou en rexistros informáticos, alcanzando os 16.140 rexistros.

Como é habitual noutros arquivos consérvanse outros fondos documentais, relacionados neste caso coa Mancomunidade do Condado, dende 1985, e coa do Paradanta, así como a documentación conservada do Xulgado de Paz.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:18
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/