[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Campo Lameiro » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Campo Lameiro
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
CAMPO LAMEIRO 

A documentación

O total do fondo documental conservado no arquivo municipal de Campo Lameiro instalouse nesta última fase de actuación 1.328 unidades, que comprenden no seu conxunto documentos dende 1874 ata a actualidade. Pertence na súa práctica totalidade ó século XX, constatándose unha grande perda de documentación producida por esta entidade local ó longo dos anos de funcionamento.

Este fondo ocupa aproximadamente uns setenta metros lineais de documentación, conservada en caixas de cartón ríxido. Contan, como xa dixemos, para o seu control, manexo e localización, dun inventario e un completo catálogo en fichas.

De acordo co cadro de clasificación utilizado poden localizarse catro grandes seccións. A referida a aqueles documentos producidos polas actuacións dos órganos de GOBERNO supón o doce por cen do total. Entre estes destacan os libros de actas do Pleno, nos que faltan os dos anos que van de 1836 a 1873 e de 1899 a 1900; e da Comisión Municipal Permanente, dende 1924 ata 1985, compleos naqueles períodos nos que funcionou.

A documentación da sección de ADMINISTRACIÓN supón o dezaseis por cen do total, sendo moi escasos os fondos do patrimonio ou de persoal municipal.

A xestión dos SERVIZOS produciu documentación especialmente referida ó control urbanístico, as obras propias executadas polo concello e ó control das obras dos particulares. A práctica totalidade das moi variadas series desta sección carecen de documentación do século dezanove o que proba a perda documental que se produciu.

Como é habitual a sección de FACENDA ocupa o maior número de unidades de instalación, que supón o trinta e sete por cen do total. En todo caso, a documentación dos presupostos do concello non vai más alá do ano 1945, o mesmo que ocorre coa referida á maior parte das taxas e impostos.

A totalidade deste conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 13.738 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:09
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/