O local
O arquivo municipal instalouse na planta baixo cuberta da propia casa do concello. Esta é unha sinxela edificación en pedra, situada no centro da vila á carón da estrada Santiago–Ourense, con baixo e planta, na que se instalan as oficinas e dependencias municipais e outros servicios do mesmo ámbito xeográfico coma o xulgado de paz.
A estructura baixo cuberta ten o acceso mediante unha escaleira metálica interior dende a primeira planta, na que se atopan a maior parte das oficinas. Conta cunha superficie útil total de oitenta metros cadrados, divididos en múltiples habitáculos de escasas dimensións, condicionados pola estructura abufardada do conxunto. Do total da superficie da planta baixo cuberta unha zona está cedida ó xulgado de paz e outra dedicada a almacén dos materiais de oficina.
Presenta en xeral este local, logo da última mellora, unhas aceptables condicións de habitabilidade e unha dotación de equipamentos suficiente para a instalación do fondo documental existente; en todo caso as deficiencia veñen da incomodidade do seu acceso e da excesiva parcelación interior do local.
Combina na actualidade a estantería metálica e a de madeira, cun total de centro trinta metros lineais útiles. Conta con ficheiro pero carece de posibilidade de consulta no propio local.
|