[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán

Páxina 1 [2] 3
ORDENANZAS 2008 

O Pleno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de setembro de 2007, acourdou aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de engadir a expresión “(tamaño mínimo 12)” no parágrafo 11 do apartado 3 do artigo 8 da ordenanza e de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008.

En cumprimento do disposto no artigo 17-4 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, publícase a continuación o texto íntegro do artigo 8 da ordenanza reguladora da taxa provincial pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia, unha vez engadida a citada expresión, e as novas tarifas da mesma, que unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma:

Artigo 8. Normas de xestión.

  1. Os oficios, escritos, etc. para inserir no BOP ó ter entrada no pazo provincial trasladaranse ó Negociado de Xestión de Recursos Económicos para o seu rexistro e comprobar se a autoliquidación é correcta ou non. No caso de non ser correcta practicarase a liquidación complementaria, que será notificada e ingresada nos prazos previstos no artigo 62 da Lei xeral tributaria.
  2. As cotas que non sexan autoliquidables por darse os supostos previstos no apartado 3 deste artigo liquidaraas o Negociado de Xestión de Recursos Económicos. Unha vez liquidadas notificaranse e ingresaranse de conformidade co previsto no artigo 62 da Lei xeral tributaria.
  3. Todo anuncio ou edicto que se remita para publicalo no Boletín Oficial da Provincia deberá cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:
    • Deberán presentarse en papel e en soporte electrónico (e-mail dirixido a: imprenta@deputación.depontevedra.es , ou, subsidiariamente, en soporte informático (disco de 3,5 polgadas ou cd-rom). Cando o documento non se presente en soporte informático ou electrónico, por ser imposible reproducilo ou por calquera outra causa, o texto será tratado e publicado, previo pagamento dun recargo do 100 por cen, de acordo co previsto na tarifa desta taxa.
    • Deberán ser orixinais e xuntaranse á orde de inserción/autoliquidación asinada pola persoa autorizada, remitíndose para a súa publicación á Deputación Provincial de Pontevedra. Sen estes requisitos e o correspondente pagamento, cando así proceda, non se publicará documento ningún, arquivándose sen máis trámite.
    • A orde de inserción/autoliquidación correspóndelle ó órgano competente da administración anunciante e deberá estar asinada pola autoridade ou funcionario facultado para isto.
    • Presentarase nun orixinal limpo e de forma que a súa transcrición non implique problemas de lectura ou comprensión. No suposto de que falten datos ou a redacción sexa inintelixible, non se cursará a publicación.
    • Se o contido dos documentos que se van publicar non fose puramente texto seguido, senón táboas, formularios, gráficos, planos, debuxos ou calquera outra presentación análoga, estes deberán ter calidade nos seus trazos, limpeza nos seus fondos, evitando sinaturas e selos que dificulten a súa lectura óptica.
    • Os orixinais que se envíen para a súa publicación no Boletín Oficial terán carácter oficial e reservado, non podendo facilitarse información ningunha acerca deles, salvo autorización expresa do órgano remitente.
    • Unha vez recibido o edicto e no caso de non presentarse a autoliquidación, a administración do Boletín Oficial enviaralle ó suxeito pasivo a liquidación de taxas, na que se indica o importe e as normas para o seu ingreso.
    • Transcorrido un mes desde o rexistro do edicto sen que se realice o seu pagamento ou se emenden os seus defectos, arquivaranse sen máis trámite, sendo preciso unha nova entrada no rexistro para a súa publicación.
    • As ordes de inserción/autoliquidación, así como os anuncios, sexan obxecto de publicación ou non, permanecerán na administración do BOP a disposición dos interesados ata transcorrido un ano desde a súa recepción.
    • Ser perfectamente lexible, sen borróns, riscadas, indicacións, anotacións, nin correccións.
    • Estar mecanografados ou impresos por medios informáticos, con tamaño de letra normal (tamaño mínimo 12) a un espazo interliñado e cun mínimo de claridade e limpeza respectando as normas, as regras e os signos ortográficos.
    • Non se admitirá ningún anuncio ou edicto remitido por Fax.
    • Os orixinais dos anuncios, edictos e escritos que non cumpran os requisitos anteriormente sinalados seranlles devoltos ás súas respectivas orixes.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/02/2008 12:47
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/