[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 2 3 4 5 6 [7]
ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Discurso Parlamento de Galicia (cont.)

Que proseguimos co noso labor de descentralización de servizos e nos achegamos aos cidadáns no día a día. E que incrementaremos o noso papel de Administración provedora de recursos para os concellos.

Unha Deputación, a de Pontevedra, que non é importante polo que da, senón polo que fai.

Algunha desas cousas que fai, por certo, son asumidas por outras institucións e pola propia Xunta. A modo de exemplo, baste dicir que os superpublicitados centros de Vicepresidencia, presentados coma os primeiros centros de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade, levan funcionando dende fai sete anos na Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa, en colaboración coa Asociación Alecrín, de Vigo, para información e atención afectivo-sexual dos mozos, que atendeu o pasado ano, nada máis e nada menos que a a 5.000 de toda a provincia.

Ou baste citar que a Consellería de Cultura planea un certame galego de bandas de música que leva funcionando anos en Pontevedra, organizado e financiado pola nosa Deputación. Ou os programas de turismo termal, etc.

Señor presidente da Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos, señoras e señores deputados, grazas pola invitación cursada a este presidente, polo tempo que me dedican e pola atención prestada.


Rafael Louzán Abal
Presidente Deputación de Pontevedra
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2007

Páxina 1 2 3 4 5 6 [7]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2008 12:05
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/