[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Chenlo » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Chenlo
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
CHENLO 

Introducción

A parroquia de San Xoán de Chenlo está adscrita na actualidade ó concello de Porriño, no que foi integrada na configuración definitiva dos concellos constitucionais levada a cabo en 1836.

En épocas anteriores pertencía á xurisdicción de Porriño, con señorío do conde de Salvaterra. Nos anos 1812 e 1821 estaba integrada no concello de Mosende, xunto coas parroquias de Pontellas e a propia de Mosende; esta situación tentaron mantela os veciños, facendo varias reclamacións sucesivas sen éxito, á hora da nova configuración definitiva dos concellos, tentando evitar con iso a desaparición deste e a súa integración no de Porriño.

A parroquia de Chenlo ten unha superficie total de 10 quilómetros cadrados, nos que residen 547 habitantes, distribuídos nos barrios de Carracedo, Escusa, Filgueiras, Fabas, Ladeira, Parada, Penedo, Quinta e Vilar.

Conta o arquivo desta Entidade Local Menor con corenta e catro unidades de instalación, en caixas de cartón ríxido, nas que se dispuxeron documentos, libros e expedientes que teñen unhas datas extremas que van dende 1920 a 1995.

Inclúense nestas unidades as actas da Xunta Veciñal da Entidade e as da Xunta Parroquial de Chenlo dende 1920. Tamén son relativamente abundantes os testemuños das poxas e aproveitamentos de madeiras, conservados dende 1957 ata o ano 1994.

Trinta e unha das unidades de instalación (70,5%) corresponden á sección de Facenda, especialmente referidas ó desenvolvemento dos presupostos ordinarios anuais da propia Entidade Local Menor, conservados dende 1960.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/11/2003 14:37
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/