[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Vilasobroso » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Vilasobroso
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
VILASOBROSO 

Introducción

Formada pola parroquia de San Martiño de Vilasobroso, chamada así dende 1936, data na que se aproba o cambio de denominación; anteriormente o seu nome era San Martiño da Portela. Pertencía no antigo rexime á xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra.

Na actualidade forma parte do concello de Mondariz, discorrendo por ela a estrda nacional N-120 que configura a súa morfoloxía; nesta parroquia atópase o coñecido castelo de Vilasobroso, hoxe propiedade do Concello de Ponteareas.

A parroquia ten unha superficie total de 5,18 quilómetros cadrados, onde residen 452 habitantes, distribuídos nos barrios de Cruceiro, Pena, Saniñáns e Vegadraga.

Foi recoñecida como Entidade Local Menor o 13 de setembro do ano 1924, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Alejo Carrera Muñoz, nese momento señor do castelo de Vilasobroso. A súa primeira denominación foi a de Entidade Local Menor de Portela ata o cambio de denominación da parroquia antes sinalado, por solicitude da propia Entidade Local.

O seu patrimonio constitúeo o edificio do mercado, no que se atopan na actualidade a sede da Entidade Local, o cemiterio e varios montes.

A súa documentación, recentemente organizada, dispúxose nun total de trinta e seis unidades de instalación, que supoñen escasamente catro metros lineais, correspondendo ó período comprendido entre os anos 1924 e 1994.

Na súa maior parte a documentación deriva da xestión dos sucesivos presupostos anuais (84% do total), conservados ininterrompidamente dende 1951. Tamén se conservan algúns libros de actas da Asemblea parroquial de Portela e da propia Entidade Local Menor de Portela e de Vilasobroso.

Outra documentación reseñable sería a producida na xestión dos aproveitamentos de madeiras, entre 1966 e 1989, e maila derivada da construcción e xestión do cemiterio, propiedade da Entidade Local, do período que vai de 1924 a 1995.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/11/2003 14:49
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/