[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Camposancos » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Camposancos
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
CAMPOSANCOS 

Introducción

A Entidade Local Menor de Camposancos pasa por ser a máis antiga de todas as que existen en Galicia, funcionando xa a finais do século pasado unha Xunta Administrativa para a xestión dos bens do Coto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Este coto dependía inicialmente no Antigo Réxime do bispado de Tui, séndolles arrendados os seus bens ós veciños desta parroquia no ano 1761 e posteriormente redimido este foro a favor dos mesmos no ano 1870.

A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase en 1798, logo da súa escisión da de San Lourenzo de Salcidos. Nos períodos liberais anteriores ó definitivo establecemento constitucional dos concellos aparece como concello propio; na definitiva distribución aprobada para o Partido Xudicial de Tui en 1836 esta parroquia inclúese dentro do concello da Guarda, situación que se mantén ata a actualidade.

Ten esta parroquia unha superficie total de 412 hectáreas nas que residen 845 habitantes, distribuídos nos lugares de Camposancos e A Pasaxe. Inclúese no territorio desta parroquia unha parte do Monte de Santa Tegra e dispón de coñecidas praias.

Como Entidade Local Menor é recoñécida, logo da aprobación do Estatuto Municipal de 1924, en bril de 1925, constituíndose definitivamente na sesión do 23 de maio de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Domingo Domínguez.

A organización dos fondos documentais supuxo o inventariado de cincuenta e tres unidades de instalación, que recollen testemuños documentais dende 1761 ata a actualidade.

Dentro deste fondo destacan as actas dos órganos de goberno, que só se conservan dende 1955; e sobre todo a documentación referida ó patrimonio, que conserva orixinais e copias de todo o proceso antes relatado de arrendamento e redención do foro dos bens do Coto de Camposancos, da constitución da parroquia e dos principias acontecementos referidos ó devir desta Entidade Local Menor.

En todo caso, como é habitual, a maior parte do volume documental (53%) corresponde á elaboración e control presupostario entre os anos 1920 e 1995.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/11/2003 14:44
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/