[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE XANEIRO DE 2021
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Webs temáticas » 25 anos Areeiro
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 [14]
25 ANOS AREEIRO 

presentación - actividades - a Finca Areeiro - exposicións

Exposición Froiteiras. (Díptico)

Dende a súa creación, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, realiza actividades no ámbito do cultivo das especies froiteiras, ocupándose do mantemento de diversas plantacións e realizando diferentes traballos centrados na mellora do seu desenvolvemento. Entre as actividades podemos destacar:

  • a experimentación con novas especies e variedades froiteiras que sirvan para diversificar a oferta destes produtos nos nosos mercados. Concretamente, introdúcense novos cultivos, estúdase a súa aclimatación ás nosas condicións, a súa fenoloxía, os sistemas de cultivo, a adaptación das novas producións ó mercado, etc. Cómpre destacar que a Estación Fitopatolóxica do Areeiro contribuíu activamente á introdución e establecemento do kiwi en Galicia, hoxe parte fundamental da economía dalgunhas comarcas. De feito, na actualidade continúan os estudos e proxectos que se refiren a esta froiteira, tanto relacionados coa aplicación de novas técnicas de cultivo ou mediante a aportación de pole por diversos métodos para mellorar o calibre dos froitos.
  • a recuperación das especies autóctonas que cómpre manter de cara ó futuro para non perder un valor ecolóxico importante. Neste caso fanse estudos de mellora das producións, dos momentos óptimos de maduración, etc.
  • a realización de estudos de adaptación de pequenos froitos ás nosas condicións, xunto con valoracións sobre a súa incorporación ás produccións de froita de Galicia.
  • o seguimento dos ciclos produtivos de varias froiteiras en diferentes fincas da provincia, co obxecto de coñecer as diferenzas existentes dependendo das condicións do lugar.
  • o acercamento dos froitos á poboación mediante catas e exposicións. Cómpre destacar o labor que se fai nas escolas, ás que se leva parte da produción de froito da finca para que a poidan degustar ecoñecer os nenos. Ademais, colaboramos con outras administracións e profesionais para implantar o consumo de froitas na dieta habitual da poboación.

Os feitos recollidos, xunto a outros que non se reflicten, foron ou son obxecto de diferentes convenios e proxectos de investigación dos que se citan algúns deles.

Selección de Plantas estaminíferas de Actinidia deliciosa para a conservación e consecución de polen comercial. PGIDIT06RAG006E, 2006/2009 Cría masiva de artrópodos beneficiosos y manejo de micorrizas arbusculares como técnicas de control complementarias a la lucha química en la protección vegetal. INTERREG III CB/SP1.E45, 2003/2004 Posta a punto de cría masiva de nematodos entomopatóxenos para o control de pragas. PGIDIT03RAG08E, 2003/2005

Manexo da polinización para incrementa-la producción en plantacións comerciais de kiwi dirixidas en producción integrada. PGIDIT03RAG10E, 2003/2006.

Introducción de sistemas innovadores y mejoras en las técnicas de proyecto, EUROAGRI-KIWIREKA Nº1862 CDIT: 94-0126, 1998/2000 Micorrizas arbusculares como axentes de biocontrol de Phytophthora spp. en especies arbóreas. XUGA 26111B96, 1996/1998

Diversificación de la producción agraria y aprovechamiento de especies frutales en la cornisa cantábrica. I.N.I.A SC93-087, 1993/1996

Influencia de los distintos tratamientos culturales sobre la producción de pequeños frutos. XUGA 7030289, 1989/1991

Os traballos realizados recóllense en publicacións, comunicacións en congresos, etc. Algúns dos seguintes son unha representación deles:

  • 2005. Agricultura Sostible. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Xunta de Galicia.
  • 2004. Bradsya paupera Tuomikoski (mosca del mantillo). MAPA - MADRID
  • 2003. Técnicas ambientales de racionalización en el uso de productos químicos: síntomas, seguimiento y control de fitopatógenos de los cultivos más frecuentes en Galicia. Control integrado - Producción integrada - Agricultura ecológica. Xunta de Galicia
  • 2002. Xiphinema index Thorne y Allen. (Nematodo de daga). MAPA – MADRID
  • 2001. Medidas culturales preventivas para el control sanitario en árboles y arbustos: poda, cirugía arbórea e injerto. Xunta de Galicia
  • 1999. Fitopatología hortofrutícola - Control Integrado. Xóvenes Agricultores, Asaja.
  • 1989. El injerto en el cerezo. Xunta de Galicia
  • 1986. El mirabel. Diputación de Pontevedra
  • 1985. La feijoa. Diputación de Pontevedra

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 [14]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/11/2007 14:22
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/