[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE XANEIRO DE 2021
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Webs temáticas » 25 anos Areeiro
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 [13] 14
25 ANOS AREEIRO 

presentación - actividades - a Finca Areeiro - exposicións

Exposición Videira. (Díptico)

A videira é un dos cultivos máis importantes de Galicia e por iso a Estación Fitopatolóxica do Areeiro desenvolve diferentes actividades relacionadas coa mellora das súas producións a través de, entre outras cuestións:

  • a investigación e experimentación de técnicas de optimización da loita fronte os patóxenos e pragas máis frecuentes na nosa comunidade co obxectivo de reducir os custos de produción e de determinar-os momentos óptimos de cada tratamento
  • a realización dos primeiros censos de insectos e ácaros útiles que se fixeron en Galicia
  • a experimentación con micorrizas para a mellora da resistencia natural das vides fronte a diversos patóxenos do solo
  • a realización de mostraxes de detección dos patóxenos e pragas de corentena na Unión Europea que poden afectar a este cultivo
  • a realización de ensaios de eficacia con novos productos fitosanitarios para o control dos patóxenos e pragas que máis limitan o rendemento do cultivo, en colaboración con empresas agrofarmacéuticas nacionais e internacionais

Estes traballos enmárcanse en moitos casos en diferentes proxectos de investigación, e son divulgados ben a través de publicacións, comunicacións en congresos, etc., ben a través do Boletín Fitosanitario que se publica na páxina web da Estación cunha periodicidade semanal nas campañas de produción e en momentos clave para o mantemento do cultivo no resto do ano.

Os feitos recollidos, xunto a outros que no se reflicten, foron ou son obxecto de diferentes convenios e proxectos de investigación dos que se citan algúns deles.

  • Creación de redes de vigilancia y prevención agrícola como medio de ayuda de la puesta en marcha de la producción integrada. REVIAG SP1.E4702. INTERREG III. (2005)
  • Cría masiva de artrópodos beneficiosos y manejo de micorrizas arbusculares como técnicas de control complementarias a la lucha química en la protección. INTERREG III-CB/SP1.E45. (2003/2004)
  • Posta a punto de cría masiva de nematodos entomopatóxenos para o control de pragas. PGIDIT03RAG08E. (2003/2005)
  • Uso de la diversidad de hongos formadores de micorriza arbuscular (MA) en suelos naturales con vegetación basada en leguminosas arbustivas para la preparación de Biofertilizantes. PGIDT99PXI40001B. (1999/2002)
  • Aplicación de la diversidad natural de hongos formadores de la simbiosis hongo planta Micorriza Arbuscular para la elaboración de un Biofertilizante granulado aplicable a gran escala en Agronomía y Revegetación de suelos marginales. AFG99-0418-CO2-02. (1999/2003)
  • Control de plagas y enfermedades de la vid y huerta en la zona fronteriza. C.E.E: nº 09.95.029. (1995/1999)
  • Estudio técnico en la zona transfronteriza Galicia-Norte de Portugal sobre plagas y enfermedades de la viña. C.E.E: nº 09.03.93.400.009.035. INTERREG I. (1993/1995)
  • Variedad de vid autóctonas gallegas y patógenos lignícolas: evaluación de daños y estudios de sensibilidad varietal. I.N.I.A (1989/1991)

Ademais nestes anos a actividade investigadora reúnese en varias publicacións das que son exemplo as seguintes

  • 1996. Phomopsis viticola (Sacc) Sacc. Excoriosis. MAPA-Madrid
  • 1996. Calepitrimerus vitis (Nalepa) (Acariosis de la vid). MAPA - Madrid
  • 1999.- Fitopatología hortofrutícola - Control Integrado. ASAJA
  • 1999. Plagas y enfermedades de la vid, Investigaciones conjuntas Galicia-Norte de Portugal. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Xunta de Galicia
  • 1999. Mildiu de la vid. Xunta de Galicia
  • 2000. Podredumbre blanca de la raíz en vid Armillaria mellea. Xunta de Galicia
  • 2002. Xiphinema index Thorne y Allen. (Nematodo de daga). MAPA-Madrid
  • 2003. Técnicas ambientales de racionalización en el uso de productos químicos: síntomas, seguimiento y control de fitopatógenos de los cultivos más frecuentes en Galicia. Control Integrado - Producción Integrada - Agricultura Ecológica. Xunta de Galicia
  • 2005. Agricultura sostible. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Xunta de Galicia.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 [13] 14

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/11/2007 13:58
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/