 |
Exposición Forestais. (Díptico)
As actividades desenvolvidas no ámbito forestal pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro ó longo dos seus 25 anos de historia pódense resumir nos seguintes feitos:
Detección de novos patóxenos e pragas de importancia para as especies forestais, entre os que se atopan:
- nos carballos, o crisomélido Altica quercetorum
- no castiñeiro, o fungo Phythopthora pseudosyringae
- nas frondosas en xeral, o defoliador Agriopis aurantiaria
- no eucalipto, o defoliador Gonipterus scutellatus, o novo psílido Ctenarytaina spatulata ou as diferentes especies do fungo Mycosphaerella spp.
Posta a punto de métodos de control biolóxico de diferentes patóxenos e pragas:
- fronte a Gonipterus scutellatus por medio do parasitoide Anaphes nitens, o que constituíu o primeiro caso de loita biolóxica a gran escala a nivel forestal que se desenvolveu en España;
- fronte a Phoracantha semipunctata no eucalipto mediante o parasitoide Avetianella longoi;
- fronte ó cancro do castiñeiro, Cryphonectria parasitica, con cepas hipovirulentas do fungo;
- fronte o psílido do eucalipto Ctenarytaina eucalypti co parasitoide Psyllaephagus pilosus
- fronte a pragas de insectos con larvas no solo, con nematodos entomopatóxenos;
- fronte a diversas patoloxías do solo mediante as micorrizas.
Estudos sobre patóxenos de corentena e os seus vectores, que ameazan ás especies forestais non só en Galicia senón tamén no conxunto da Unión Europea, por exemplo:
- o cancro resinoso dos piñeiros, Fusarium circinatum e os seus vectores potenciais, as especies de escolítidos dos piñeiros;
- o nematodo da madeira do piñeiro, Bursaphelenchus xylophilus e o seu transmisor, Monochamus galloprovincialis
Estudos sobre a mellora da sanidade das especies forestais dende a súa fase de viveiro
Os feitos recollidos, xunto a outros que non se reflicten, foron ou son obxecto de diferentes convenios e proxectos de investigación dos que se citan algúns deles.
- Determinación das especies que xeran pragas e enfermidades forestais e a realización de análises para probas de laboratorio a fin de verifica-la virulencia das cepas de cancro de castaño captada en Galicia. Convenio de colaboración entre a Consellería do medio rural da Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 2006/2007
- Detección, identificación y biología de las especies del género Mycosphaerella sobre Eucalyptus globulus en Galicia. PGIDIT05RFO60301PR. 2005-2007
- Cría masiva de artrópodos beneficiosos y manejo de micorrizas arbusculares como técnicas de control complementarias a la lucha química en la protección vegetal. INTERREG III CB/SP1.E45. 2003/2004
- Posta a punto de cría masiva de nematodos entomopatóxenos para o control de pragas. PGIDIT03RAG08E. 2003/2005
- Estudio de la biología y distribución de Monochamus galloprovincialis (Olivier) y de otros potenciales vectores del nematodo de la madera de pino Bursaphelenchus xylophilus (Steiner & Buhrer)nicle. Convenio de colaboración entre Ministerio de M. Ambiente y la Universidad de Valladolid y Diputación Provincial de Pontevedra. 2002-2004
- Detección, identificación y patogenicidad de especies de Armillaria causantes de podredumbre blanca radicular en coníferas de Galicia. PGIDIT02RFO60301PR. 2002/2005
Ademais nestes anos a actividade investigadora reúnese en varias publicacións das que son exemplo as seguintes:
- 1999. Tratamientos fitosanitarios de las masas forestales. Plagas y enfermedades. Sylvanus.
1999. Invasión de vermes na castaña producida pola Cydia fagiglandana e Laspeyresia splendana. Xunta de Galicia.
- 1999. Invasión de vermes na castaña producida por Curculio elephas. Xunta de Galicia.
- 2000. Manual de silvicultura del castaño en Galicia. Universidade de Santiago de Compostela
- 2000. Plagas y enfermedades del Castaño en Galicia. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
- 2000. Utilización de Anaphes nitens na loita biolóxica contra o defoliador do eucalipto Gonipterus scutellatus. Xunta de Galicia.
- 2001. Medidas culturales preventivas para el control sanitario en árboles y arbustos: poda, cirugía arbórea e injerto. Xunta de Galicia, Consellería de Agricultura, Ganadería e Política Agroalimentaria.
- 2002. Plagas de insectos en las masas forestales españolas. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid
- 2003. Problemas fitosanitarios de los robles y castaños en Galicia. Diputación Provincial de Pontevedra.
- 2004. Ctenarytaina spatulata Maskell. Fichas de diagnóstico en Laboratorio de Orgánicos Nocivos de los Vegetales MAPA – Madrid
|
 |
|