 |
Exposición Ornamentais. (Díptico)
A mellora do nivel de vida da poboación determina un maior interese polos espazos de espallamento e lecer, e loxicamente polas especies ornamentais. Por este motivo, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro creou unha unidade de ornamentais na que se trata de promover e estudar as características deste tipo de plantas, a súa adaptación en Galicia, contribuíndo a mellorar os métodos de cultivo e a súa produción nos viveiros, e tamén a coñecer e controlar os problemas fitosanitarios, etc.
Neste sentido aténdese a todas as especies presentes nos nosos xardíns e especialmente ás mais difundidas, tanto arbustos como árbores, e tamén a aquelas especies exóticas que poderían adaptarse perfectamente ás nosas condicións. De feito, unha das nosas actividades centrase na conservación de especies autóctonas de fentos, complementada con estudos de adaptación e propagación de especies foráneas de fentos arbóreos.
A camelia está representada nos xardíns públicos e privados de Galicia desde fai máis de 150 anos, a súa presencia e importancia na vida económica da nosa comunidade e tal, que supón un dos cultivos con produción e valor máis alto no sector do sector xardinístico e viveirístico, ata o punto que se coñece co apelativo de Flor de Galicia. Froito dos traballos desta unidade, que constitúen un referente a nivel mundial deste xénero, é a creación e mantemento das coleccións que posúe a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra nas súas fincas e xardíns, formada por máis de 500 plantas.
As tarefas prioritarias da unidade de ornamentais son:
- a experimentación de novos métodos de cultivo e de propagación in vivo e in vitro
- o estudo das pragas e enfermidades que lles afectan así como dos métodos de control.
- o seguimento da fenoloxía das diferentes especies e variedades en distintas áreas de Galicia.
- o estudo da morfoloxía e fertilidade floral: obtención, análise e conservación do pole, viabilidade, capacidade xerminativa in vitro do pole, análise e conservación de pistilos, viabilidade das sementes.
- a recuperación dos cultivares de plantas antigas da zona noroeste da Península Ibérica, e a introdución de novas variedades.
- o desenvolvemento de liñas de investigación tendentes a acadar a correcta identificación dos cultivares de camelia, así como a documentar e recoller os datos necesarios para elaborar unha completa base de datos sobre esta planta en Galicia, que se recollerá en fichas descritivas, rexistrando aquelas variedades propias de Galicia.
- a promoción directa da camelia mediante feiras, exposicións ou concursos, e a participación directa na creación e mantemento da Sociedad Española de la Camelia.
Os feitos recollidos, xunto a outros que non se reflicten, foron ou son obxecto de diferentes convenios e proxectos de investigación dos que se citan algúns deles.
Introdución de técnicas de pinzado. Aplicación de fitoreguladores e micorrización para a producción comercial de variedades galegas non rexistradas de Camellia japonica. Código PFIDIT06RAG019E, 2006/2009.
Definición e Cronoloxía dos estados fenolóxicos de cultivares de Camellia japonica. Estudos de viabilidade de pistilos e pole para a selección de parentales de cultivares susceptibles de rexistro como marcas de Galicia. Código PGIDIT06RAG26103PR, 2006/2009.
Creación de redes de vigilancia y prevención agrícola como medio de ayuda de la puesta en marcha de la producción integrada. REVIAG SP1.E4702-INTERREG III.
Cría masiva de artrópodos beneficiosos y manejo de micorrizas arbusculares como técnicas de control complementarias a la lucha química en la protección vegetal. INTERREG III CB/SP1.E45, 2003/2004.
Caracterización agromorfolóxica e identificación mediante marcadores moleculares de especies, híbridos y cultivares de Camellia. PGIDIT03RAG60301PR, 2003/2006
Micorrizas arbusculares como axentes de biocontrol de Phytophthora spp. en especies arbóreas. (XUGA 26111 B 96), 1996/1998.
Os traballos realizados recóllense en publicacións, comunicacións en congresos, etc. Algúns dos seguintes son unha representación deles:
- 2004. La camelia en la colección de la Diputación de Pontevedra. Diputación de Pontevedra.
- 2004. Estudio de especies botánicas del Palacete Mendoza. Revista de Estudos Provinciais
- 2002. Plagas, enfermedades y fisiopatías de la Camelia. Xunta de Galicia.
- 2001. Medidas culturales preventivas para el control sanitario en árboles y arbustos: poda, cirugía arbórea e injerto. Xunta de Galicia.
- 2000. Manual para el cultivo de camelia. Asaja Galicia Xovenes Agricultores.
- 1999. Fitopatología hortofrutícola - Control integrado. Asaja Galicia Xóvenes Agricultores.
- 1990. Parque y conjunto botánico. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.
|
 |
|