[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE XANEIRO DE 2021
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Webs temáticas » 25 anos Areeiro
Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
25 ANOS AREEIRO 

presentación - actividades - a Finca Areeiro - exposicións

Actividades

Preténdese facer chegar a diferentes niveis da sociedade as actividades de investigación da viña que se realizan na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e as súas aplicacións prácticas, así como concienciar á sociedade da importancia da investigación práctica e a súa aplicación á solución dos problemas reais que xorden ós agricultores en Galicia nos distintos ámbitos do cultivo. Así mesmo, preténdese que a sociedade galega teña coñecemento dos labores de investigación que se desenvolven, co obxecto de que poidan estar informados dos temas nos que se investiga, dos resultados obtidos nos anos de investigación e das aplicacións prácticas dos mesmos. Ademais, inténtase impulsar o interese pola ciencia e a investigación aplicada en distintos sectores de Galicia e o coñecemento das novas tecnoloxías e a súa aplicación. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro é un dos centros de España dedicado á investigación e desenvolvemento de proxectos I+D+I no sector agrícola e forestal e ao diagnóstico fitopatológico, e desenvolveu e posto a punto numerosas técnicas de diagnóstico fitopatológico, adaptación de cultivos e froiteiros introducidos, así como estudos de produción; moitas das técnicas postas a punto neste centro son actualmente utilizadas noutros centros de ámbito similar.

As actividades inauguraranse cunha conferencia-mesa redonda impartida por persoal especializado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, sobre os proxectos I+D+I desenvolvidos polo centro nos diferentes sectores, as súas actividades actuais e perspectivas futuras. Durante os cuatro días seguintes manterase unha exposición interactiva na que se presentarán, a visitas previamente concertadas, e o público en xeral as diferentes liñas de investigación que se desenvolven na Estación Fitopatolóxica do Areeiro.



A exposición estará subdividida en dous partes nas que se contemplará respectivamente os temas fitosanitarios e os de cultivo. Na zona de fitosanitarios incluirase non só a descrición dos novos patógenos observados nestes últimos anos senón tamén os novos sistemas de loita baseados en técnicas biolóxicas e biotécnicas coa finalidade de ensinar os métodos actuais de redución de aplicación de produtos químicos para ser máis respectuosos co medio ambiente. Na zona dedicada ao cultivo, ademais da descrición das especies máis importantes e a súa adaptación, labores culturais, agricultura sostible, técnicas de mellora de produción de plantas en viveiros, etc., presentaranse os tipos de análises (chans, flores, patogenos, sementes, etc.) que actualmente se realizan nos laboratorios da Estación.

Estas actividades coas que se pretende achegar a investigación (I+D+I) ó publico en xeral estarán destinadas a diversos niveis educativos, desde alumnos e profesores do ensino infantil, primaria e secundaria, ata universitarios, agricultores e profesionais do sector. En función da visita adaptarase a presentación das actividades ao nivel de coñecementos e comprensión da audiencia que asista á exhibición, e os visitantes poderán realizar diversas actividades durante a visita á exposición xa que estarán dispoñibles 11 mesas con material de laboratorio para coñecer e realizar directamente outras tantas técnicas. As exposicións estarán abertas de 9 a 14 e de 16 a 19 horas

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/11/2007 09:54
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/