Ornamentais
Nesta sección estúdanse diferentes aspectos do cultivo de plantas ornamentais, especialmente camelia e fentos, por consideralas representativas da flora galega. Ao mesmo tempo que se presta un servizo de apoio ao agricultor e afeccionado, e desenvólvense proxectos de investigación encamiñados a mellorar o cultivo e a produción en Galicia.
A liña principal de investigación céntrase no xénero Camellia. Ademais do mantemento e ampliación do banco de xermoplasma que constitúe a colección de camelias das fincas e xardíns da Deputación de Pontevedra, desenvólvense protocolos para a identificación e caracterización mediante técnicas moleculares e morfolóxicas de cultivares, e defínense os ciclos das distintas especies e cultivares. Tamén se traballa na promoción desta planta a través da organización de feiras, exposicións e concursos.
Ademais, estase a crear unha colección de fentos, tanto autóctonos como introducidos; e póñense a punto técnicas de cultivo e propagación para aquelas especies de fentos arbóreos con dificultades para a súa propagación por métodos tradicionais.
|