[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE XANEIRO DE 2021
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Webs temáticas » 25 anos Areeiro
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10 11 12 13 14
25 ANOS AREEIRO 

presentación - actividades - a Finca Areeiro - exposicións

Loita biolóxica

A unidade de control integrado (loita biolóxica) dedícase, entre outros estudos e programas, á optimización da protección dos cultivos agrícolas e das masas forestais fronte aos patóxenos e pragas que lles afectan, ben a través da cría de diferentes organismos de control biolóxico, ben a través do seguimento dos ciclos biolóxicos dos parasitos das plantas e a súa relación coa climatoloxía para determinar os momentos e técnicas idóneas de tratamento.

A consecuencia dos traballos desta unidade publícase un boletín fitosanitario semanal na páxina web da Estación, onde se recollen as observacións feitas nas parcelas piloto de diversos cultivos e zonas e se aportan as recomendacións culturais necesarias en cada momento.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 [9] 10 11 12 13 14

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/11/2007 09:56
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/