[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Webs temáticas » 25 anos Areeiro
Páxina 1 2 3 4 5 6 [7] 8 9 10 11 12 13 14
25 ANOS AREEIRO 

presentación - actividades - a Finca Areeiro - exposicións

Fitopatoloxía

Esta unidade centra a súa actividade no diagnóstico fitopatolóxico e na investigación e abrangue tódalas áreas relacionadas coa sanidade das plantas: acaroloxía, bacterioloxía, entomoloxía, nematoloxía, patoloxía e viroloxía, tanto no ámbito agrícola (vide, fruticultura, horticultura e ornamentais) como no forestal (viveiros e masas forestais).

Ademais do propio diagnostico por distintas técnicas, realízanse mostraxes de detección de novas pragas e enfermidades, trabállase no estudo dos ciclos biolóxicos dos parasitos das plantas nas nosas condicións, na distribución dos mesmos na nosa comunidade e investíganse cales poden ser os métodos de control máis respectuosos co medio ambiente. Por outra banda, fanse ensaios, tanto de laboratorio como de campo, con diferentes produtos fitosanitarios en colaboración con empresas do sector.

Nos últimos anos iniciou unha nova actividade centrada nos estudos de perigosidade das árbores no medio urbano na que se analizan, dende o punto de vista mecánico e fitopatolóxico, exemplares dos parques e xardíns co obxectivo de mellorar a xestión destes espazos.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 [7] 8 9 10 11 12 13 14

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/11/2007 09:56
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/