 |
Fructicultura
A Sección de fruticultura traballa dende 1985 na introdución de novas especies, recuperación de variedades autóctonas, estudos agronómicos e solución dos problemas de cultivo aínda non resoltos nas nosas condicións edafoclimáticas, para o que dispón dunha finca experimental de máis de 5 ha na propia Estación. Trabállase tamén en colaboración con diversas institucións públicas e privadas, a través do seguimento en diversas fincas de particulares distribuídas na provincia de Pontevedra. Os estudos céntranse na mellora dos métodos de propagación, nos sistemas de cultivo, poda, fertilidade e polinización, aumento da calidade e tamaño do froito e nos problemas fitosanitarios, para que os nosos productos entren nas cadeas de comercialización con distintivo de calidade.
Dende hai uns anos está implicada na mellora dos hábitos alimenticios e fomenta a incorporación destas froitas na dieta diaria mediante catas e distribución dos froitos nas escolas.
|
 |
|
 |