 |
Edafoloxía
A tarefa principal desta Sección é a análise química da fertilidade dos solos agrícolas e o correspondente asesoramento para adaptar as súas características ás necesidades dun cultivo en concreto, en resposta a peticións de agricultores, cooperativas e usuarios en xeral. En resumo, trátase de efectuar un diagnóstico de cada solo e propoñer medidas para a súa corrección.
A este servizo acoden fundamentalmente usuarios de Pontevedra, pero tamén do resto da Comunidade. O maior número de solos analizados destínanse á viña e ás froiteiras en xeral, pero tamén pídese consello para praderías, maíz forraxeiro e diversos cultivos de horta e invernadoiro.
Trabállase, por outra banda, en proxectos de investigación aplicada á agricultura; en concreto no estudo da nutrición mineral dos cultivos - fundamentalmente kiwi e viña-. En segundo lugar, e en relación coa necesidade de propoñer medidas para a corrección, efectúanse diversas experiencias controladas de resposta dos cultivos a diferentes formas de fertilización orgánica ou mineral, así como a distintas doses de cal tanto en campo como en maceta. Para todo isto, o laboratorio efectúa análises químicas foliares así como análises de metais pesados en solos e lodos.
|
 |
|
 |