[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Bembrive » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Bembrive
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
BEMBRIVE 

Introducción

Formada pola parroquia de Santiago de Bembrive, intégrase no Antigo Réxime na xurisdicción de Bouzas, con señorío do Bispado de Tui. Posteriormente no ano 1836, coa creación definitiva dos concellos constitucionais, será incluída no concello de Lavadores, a pesar de algún intento baldío para a súa integración no de Vigo. Esta definitiva adscrición ó concello constitucional de Vigo prodúcese no ano 1936, xunto coa totalidade das parroquias que formaban o concello de Lavadores.

Ten unha superficie total de 935 hectáreas nas que residen 4.766 habitantes, distribuídos nos lugares de Baruxáns, Carballal, Chans, Mosteiro, Outeiro, San Cibrán e Segade.

Constitúese como entidade local menor o 12 de xuño de 1945, xestionando o patrimonio propio constituído polos montes de San Cibrán, Aradas e outros. Dende entón funciona ininterrompidamente, ten a súa sede institucional nunha edificación propia no barrio de Mosteiro.

Foi a primeira das entidades locais menores na que se levou a cabo o proceso de organización e descrición dos fondos documentais, resultando na actualidade inventariadas un total de 430 unidades de instalación, dispostas en estantería metálica en caixas de cartón ríxido; son en total algo máis de quince metros lineais de documentación, o que supón que esta sexa a entidade con maior volume documental conservado.

Esta documentación abarca o período comprendido entre 1945 ata a actualidade das actas dos órganos de goberno dende 1952 ata a actualidade e conservan, ademais, copia das actas do Pleno e Comisión de Goberno do Concello de Vigo destes últimos anos (15% do total da documentación).

Como é habitual, a maior parte do fondo documental corresponde á sección de Facenda (56%), con testemuños dende o ano 1945.

Do resto da documentación destaca a referida ó patrimonio da Entidade Local, con algún documento anterior á propia constitución da Entidade; os aproveitamentos e poxas de madeiras e as obras levadas a cabo directamente pola propia institución.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 08:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/