[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 2ª
Do Presidente nato

Artigo 10.—Atribucións do Presidente nato
O presidente nato do Organismo Autónomo é o Presidente da Deputación e, como tal terá as seguintes atribucións:

  1. Representar o Padroado nos actos ou reunións ós que asista.
  2. Presidir, cando asista, as sesións dos órganos colexiados e demais actos que se celebren.

SECCION 3ª
Do Presidente Executivo

Artigo 11.— Atribucións do Presidente executivo
O Presidente executivo do Organismo Autónomo será o Deputado en quen delegue a Presidencia e, como tal terá as seguintes atribucións:

  1. Representar o Organismo Autónomo e presidir as sesións dos órganos colexiados cando non o faga o Presidente nato.
  2. Dirixir o goberno e a administración do Organismo Autónomo, e, en xeral, as equivalentes ás establecidas no Réxime Xurídico Local para o Presidente da Deputación, coas excepcións previstas nestes Estatutos e as que se poidan, en materia económica, establecer a través das bases de execución do orzamento.

No obstante, no caso de que a algún membro do Organismo Autónomo se lle encomende algunha xestión de conformidade co artigo anterior, seranlle aboados os servizos prestados na contía que se acorde por algún dos órganos de goberno do Padroado.

SECCIÓN 4ª
Do Director

Artigo 12.— Director
O Director do organismo autónomo será designado polo Consello Rector, a proposta do Presidente da Deputación, de entre os funcionarios con habilitación nacional ou persoal cualificado segundo o artigo 85 bis-1-b da Lei 7/1985, este é, funcionarios de carreira ou laboral das Administracións Públicas ou un profesional do sector privado, titulados superiores en ambos casos, e con máis de cinco anos de exercicio profesional no segundo.

Correspóndelle ó director as facultades seguintes:

  1. Resolver aquelas materias que expresamente sexan atribuídas polo regulamento orgánico ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello rector ou polo Presidente.
  2. A inmediata dirección e administración do organismo, das que lles dará conta, periodicamente, ó Consello rector e, de continuo, ó seu presidente.
  3. Cumprir os acordos e resolucións do Consello rector e do Presidente.
  4. En particular, son as súas funcións:
    1. Dictar actos administrativos, en relación ó exercicio das funcións de xestión que lles correspondan.
    2. Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto.
    3. Autorizar, por delegación da Presidencia para realizar horas extraordinarias, comisións de servizos con dereito a indemnización así como resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
    4. Propoñer ó Presidente a distribución do persoal na forma que o esixan as necesidades do servizo, podendo trasladar as diferentes zonas ou dependencias a calquera empregado, con suxeición á normativa legal aplicable.
    5. Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia.
    6. Realizar a xestión económica de acordo co orzamento aprobado, e de acordo coas competencias que lle atribúan as bases de execución do orzamento.
    7. Todas aquelas que lle sexan delegadas expresamente polo Presidente executivo.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/10/2007 13:23
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/