[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Gondomar » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Gondomar
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
GONDOMAR 

O local

A manifesta insuficiencia espacial da casa do concello obrigou a buscar solucións alternativas para a instalación axeitada do arquivo municipal e procedeuse á adecuación da planta superior da casa da cultura.

O edificio da casa da cultura, de recente construcción, atópase no centro da propia vila de Gondomar, moi próximo á casa do concello, integrado no contorno urbano e adosado a outras edificacións.

A planta superior, baixo cuberta, destinouse na súa totalidade a arquivo municipal agás un pequeno espacio que serve de almacén. O local do arquivo ten unha forma rectangular cunha superficie de 108 metros cadrados. Seguindo a estructura da cuberta conta cunha superficie en forma de faio, quedando a súa altura central de 2,70 metros e a súa suave pendente que permite un aceptable aproveitamento.

Recentemente foi ampliado a un novo local anexo na mesma planta da casa de cultura, debidamente remozado e equipado; asi mesmo foi necesario habilitar o uso dun local na planta baixa do edificio de urbanismo para dispor a documentación máis actual. Con elo son tres os locais que na actualidade albergan o patrimonio documental do concello de Gondomar.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/02/2014 08:46
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/