O local
A actual casa do concello de Crecente resulta da reforma levada a cabo no ano 1950, na que se procedeu ó derribo da anterior e a levantar unha construcción con baixo e planta, en pedra, que unificaba as antigas casas do concello e a escola de nenos e vivenda de mestres. Logo realizaríanse reformas nos anos 1961 e 1979 e finalmente na década dos noventa; foi nesta última cando se rehabilitou e acondicionou o espacio existente baixo cuberta, ben comunicado coa primeira planta na que están as dependencias municipais, tanto administrativas como a Alcaldía. Na planta baixa encóntrase hoxe a biblioteca municipal, o salón de sesións e o servicio de correos.
Na superficie baixo cuberta distribuíronse dúas zonas simétricas, a cada lado da escalinata de acceso, destinándose toda a zona dereita para o arquivo municipal. Resulta un local, distribuído en tres salas intercomunicadas, cunha superficie total superior ós sesenta metros cadrados. O local foi reformado na súa totalidade, dotado de medios de illamento térmico e conta con dúas ventás nun lateral que permiten a súa ventilación e iluminación natural regulada.
Procedeuse á instalación dos elementos necesarios para dispor os fondos, con estantería suficiente, ademais de mesa de consulta e o correspondente ficheiro metálico.
|