Reprografía de complemento: Fondos documentais
NOME: MICROFOLIMS
VOLUME: 125 rolos de microfilms.
DATAS EXTREMAS: 1561-1981.
HISTORIA DA INSTITUCIÓN: Unha parte corresponde á microfilmación realizada “in situ” pola empresa “Microfilms Galicia” dos orixinais dos libros de actas da Comisión de Armamento e Defensa, do Pleno, da Comisión Xestora, da Comisión Asociada e da Comisión Permanente.
Outra parte é documentación procedente do Centro Nacional de Microfilm referente as respostas xerais ó Catastro do Marqués da Ensenada e o "Libro de mayores hacendados" de todo ó territorio da actual Galicia , realizado entre os anos 1750-1760.
Por último disponse dun grupo de documentos do Arquivo Histórico Nacional e do Arquivo de Simancas, así como dunha copia da Viaxe do Duque Cosme de Médicis a España e Portugal (Parte galega Tui- A Coruña), todos eles doados por investigadores ou adquiridos co gallo dalgunha exposición organizada directamente polo arquivo ou en colaboración con outras institucións e organismos.
HISTORIA ARQUIVISTICAA microfilmación dos libros de actas foron realizadas no propio arquivo en 1987 por “Microfilms Galicia”.
Os microfilms correspondentes ás respostas xerais do Catastro do Marqués da Ensenada foron adquiridos en 1991 ó Ministerio de Cultura.
O resto foi adquirido ou doado co gallo dalgunha exposición.
FORMA E DATA DE INGRESO: Adquisición
CONTIDO: * Libro de actas da Comisión de Armamento e Defensa 1836- 1845
1 rolo. 16.mm.
*Libros de actas de sesións do Pleno, da Comisión Xestora,
da Comisión Asociada e da Comisión Permanente 1846- 1981
21 rolos. 16 mm.
* Interrogatorio do Catastro do Marqués da Ensenada 1750- 1760
101 rolos. 35 mm.
* Documentos “Exposición en Pontevedra” (orixinal e copia) 1561-1596
1 rolo. 16 mm.
* Documentos do Arquivo de Simancas sobre comercio de sal. 1614-1619
1 rolo. 35 mm.
* Viaxe do Duque Cosme de Médicis a España e Portugal. 1669
Parte galega Tui- A Coruña
1 rolo. 35 mm.
INSTRUMENTOS DE DESCRICIÓN: Inventario
______________________________________________________
NOME: MICROFICHAS
VOLUME: 4 volumes / 1.120 microfichas.
DATAS EXTREMAS: S. XX
HISTORIA DA INSTITUCIÓN: A Documentación xerada inicialmente no Servizo de Recursos Humanos relativa ó persoal do Hospital Provincial e do Hospital Psiquiátrico do Rebullón
HISTORIA ARQUIVIÍSTICA: Documentación procedente do Servizo de Mecanización elaborada no proceso de transferencia do Hospital Provincial e do Hospital Psiquiátrico do Rebullón ó SERGAS
FORMA E DATA DE INGRESO: Transferencia ordinaria
CONTIDO:
Expedientes persoais dos traballadores do Hospital Provincial e do Hospital Psiquiátrico do Rebullón transferidos ó SERGAS
INSTRUMENTOS DE DESCRICIÓN: Inventario
|