[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 24 DE SETEMBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Ordenanzas » Ordenanzas 2007 » Deputación de Pontevedra » Impostos
Páxina Principal
A Deputación
Presidencia
Corporación
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Turismo Rías Baixas
Escola de Canteiros
ORAL
Ordenanzas 2008
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán

ORDENANZAS 2007 

Ordenanza fiscal da recarga provincial sobre o Imposto de Actividades Económicas

ARTIGO 1

    A Deputación Provincial de Pontevedra, no uso da potestade que lle concede o artigo 124 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establece unha recarga do 30 por cento, sobre as cotas municipais modificadas polo coeficiente de ponderación, previsto no artigo 87 da mesma norma.

ARTIGO 2

    A xestión da recarga, xunto coa do imposto sobre o que recae, levaraa a cabo a entidade que teña atribuída a súa xestión.

ARTIGO 3

    Cando a xestión a realice unha entidade distinta á Deputación, esta deberá entregarlle á Deputación o recadado, en período voluntario de cobranza da matrícula ou padrón, no prazo de 45 días naturais a contar desde o último do dito período de cobranza. Así mesmo, o recadado en período executivo e mais por altas novas, actas de inspección... entregaráselle á Deputación mensualmente pero o correspondente ó mes anterior.

    A entidade xestora estará obrigada a presentarlle á Deputación:
    • Copia certificada do padrón e da relación de altas
    • Certificación do recadado no período voluntario e executivo
    • Calquera información que poida ser requirida en relación coa xestión da recarga provincial

ARTIGO 4

    O feito de non ingresar a recadación nos prazos indicados autorizará á Deputación a esixir o interese de demora previsto no art. 58-2, c) da Lei xeral tributaria e, en todo caso, a reter calquera cantidade que a Deputación lle deba facer efectiva por calquera motivo, á entidade xestora, podendo practicar as compensacións correspondentes, directamente ou ben solicitala da Dirección Xeral de Coordinación coas facendas territoriais, segundo o Regulamento de recadación, con cargo ás estimacións indirectas das cantidades liquidadas e recadadas en base á contía dos padróns e ás altas do propio exercicio ou exercicios anteriores, estimando a recadación nun 90% do liquidado.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo de aprobación inicial destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 17 de outubro de 2003. Estas modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/01/2005 13:56
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/