[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 7 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Agolada » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Agolada
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10 11
AGOLADA 

A documentación

Rematados os traballos de organización e descrición resultaron un total de 1.405 unidades de instalación que recollen os documentos, expedientes e libros ou rexistros conservados dende 1840 ata a actualidade.

No inventario e catálogo en fichas resultante da descrición dos fondos, plasmado tamén nunha base de datos con 15.459 rexistros, apréciase claramente a existencia de irreparables perdas documentais, especialmente notables nalgunhas series, o que supón a desaparición de testemuños directos de actuacións, decisións e servizos.

Practicamente total é a perda da documentación producida no século XIX, que tería que ser abundante tendo en conta que vén desenvolvendo actuacións continuadas dende 1836. só os libros de actas, que por rigoroso imperativo legal deberían estar completos, e algún documento solto recordan neste arquivo que no século pasado houbo aquí un concello.

Da documentación conservada destaca aquela que recolle as actuacións e decisións dos órganos de goberno, que sería ademais a máis antiga do conxunto documental. As actas do Pleno da corporación cobren o período dende 1870 ata a actualidade, aínda que se detectan carencias referidas ós anos 1836-1839, 1856-1859, 1889 e 1904. por outra parte, a Xunta Municipal de Asociados, integrada por concelleiros e vocais asociados, especialmente con funcións de decisión e económicas, soamente conta con libros de actas do período 1902-1921, faltando as anteriores. A Comisión Municipal Permanente conta con completos testemuños que recollen os seus debates, acordos e actuacións dende a súa creación no ano 1924, agás o período que abarca de 1931 a 1949 no que non chegou a funcionar.

Como adoita acontecer nos arquivos desta provincia a maior parte dos fondos corresponde a cuestións económicas, derivadas tanto da xestión presupostaría como da función recadatoria de impostos, taxas e arbitrios, aínda que os documentos máis antigos non van máis alá do ano 1919, no que se refire ós presupostos e ó ano 1916 na documentación da contribución territorial rústica.

Outra documentación que cómpre reseñar no conxunto deste arquivo será a relacionada coa colaboración do concello con outras administracións tanto nos procesos electorais, conservados sen continuidade, dende 1931 coma nos recrutamentos e quintas municipais dende 1895, ou a correspondencia xeral do concello dende 1927.

Especialmente escasos parecen os documentos derivados dos servicios municipais tales como o control urbanístico, a sanidade, o ensino ou a beneficencia. En calquera caso, este inventario que segue, ou o máis completo catálogo a nivel de unidade documental a disposición no propio arquivo, aportaranlle a calquera que estea interesado unha información máis completa e detallada.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/09/2016 13:10
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/