[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 7 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Agolada » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Agolada
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11
AGOLADA 

O local

No ano 1989 a construcción da nova casa do concello conlevou a mellora substancial das instalacións do arquivo municipal, producíndose o traslado documental ó novo local habilitado para este fin.

A nova casa do concello é unha edificación independente, con baixo e dúas plantas, situada na praza da vila; de nova construcción, presenta unha perfecta integración no seu contorno, tanto polos materiais empregados como pola apertura do edificio ó exterior, conseguida coa abundancia de ventás e o uso de balconadas corridas na súa fachada.

Concíbese como centro para instalar tódolos servicios municipais, contando para iso co espacio necesario, tanto no baixo coma nas dúas plantas do edificio. Na planta baixa dispúxose a instalación do arquivo municipal, reservándoo unha sala rectangular de 24 metros cadrados. A superficie útil do local é suficiente para dispoñe-los fondos existentes no momento da súa organización e das previsibles incorporacións futuras.

Foi dotado o arquivo das instalacións requiridas para permiti-lo manexo e a consulta dos documentos, contando cunha mesa de traballo e ficheiros, e para a súa conservación coa instalación da estantería metálica tradicional, disposta bordeando a sala, pegada ás paredes naqueles espacios que o permitían, e na parte central, sempre na procura do maior aproveitamento posible.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/07/2008 14:24
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/