[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 22 DE NOVEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Agolada » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Agolada
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11
AGOLADA 

Introducción

O concello de Agolada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, nunha zona central de Galicia e dentro da comarca natural do Deza; está formado por 25 parroquias e 131 entidades de poboación.

O seu actual territorio pertencía na súa maior parte no antigo Réxime á provincia de Santiago, agás catro parroquias que se integraban na de Lugo. Nas primeiras divisións xudiciais, cando Galicia aínda era unha única provincia foi adscrito ó partido xudicial de Melide e en 1822 ó de Lalín, no que permanece dende esa data.

As parroquias do concello na etapa previa ó seu establecemento constitucional adscribíanse ás xurisdiccións de Abeancos, Boente, Borraxeiros, Camanzo, Carmoega, Ventosa e o Couto de Sesto, todas elas na provincia de Santiago; e ás xurisdiccións de Toques e de Basadre na de Lugo.

Ó amparo do R.D. do 23 de xullo de 1835 confórmase o novo concello, xunto cos outros do partido xudicial de Lalín, substituíndo ós que daquela viñan funcionando en Basadre, Ventosa e Borraxeiros. No ano 1836 constitúese definitivamente este concello quedando integrado polas parroquias de: As Trabancas, Brocos, Ventosa, Gurgueiro, Ferreiroa, Esperante, Vilariño, Carmoega, Santa Comba, Merlín, Bais, A Baíña, Val, Sesto, Artoño, Berredo, Borraxeiros, Eidián, Basadre, Ramil, Brántega, Órrea, Agra e Sexo. Esta situación permanece sen alteracións significativas dende aquela.

O funcionamento administrativo do concello ó longo destes dous séculos e o desenvolvemento de moitas e variadas actuacións derivou na producción dos fondos documentais conservados no arquivo municipal e sobre os que se actuou nos últimos anos en dúas ocasións.

No ano 1989, coincidindo coa construcción da nova casa do concello procedeu o Servicio Técnico do Patrimonio documental á organización integral da totalidade dos fondos conservados e á elaboración dos instrumentos descritivos requiridos para o seu manexo e tratamento.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/07/2008 10:13
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/