[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 16 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Guarda, A » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Guarda, A
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
GUARDA, A 

A documentación

A primeira actuación no proceso de organización e descrición dos fondos documentais conservados polo Concello levouse a cabo no ano 1989, desenvolvéndose con posterioridade periódicas e sucesivas actuacións de reincorporación documental e de adaptación ó novo cadro de clasificación de uso na provincia, así como de informatización completa dos instrumentos de descrición.

No remate deste proceso téñense inventariado un total de 4.922 unidades de instalación, con datas extremas que alcanzan ó período dende 1624 a 2009, e que no inventario detallado dan como resultado un total de 20.669 rexistros informáticos ou en fichas de papel.

Neste conxunto documental destacan pola súa rara conservación na provincia os libros de actas, con discontinuidade: faltan entre outras máis puntuais de 1632 a 1702 e de 1806 a 1843, así como as de 1939 a 1940 e de 1944 a 1948.

A maior parte da documentación refírese á xestión e control presupostario dende 1848. Destacan tamén a conservación dos libros rexistro de nacementos, defuncións e matrimonios dende 1841 a 1870, data de creación do rexistro civil que asume esta función; ou os expedientes de quintas e milicias dende 1818 e de obras pías e beneficencia con testemuños dende 1754. Outros máis escasos e singulares refírense á prensa local, ás contribucións e repartimentos e ó clero.

Para un completo acercamento a este fondo dispón o Concello dos oportunos instrumentos de descrición, achegándose de seguido os máis xenéricos -cadro de clasificación e inventario somero- e estando para a súa consulta con 22.388 rexistros.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 10:05
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/