[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Guarda, A » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Guarda, A
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
GUARDA, A 

O local

A casa do concello, perfectamente integrada no casco urbano da vila, é unha edificación alongada, con muros de pedra irregular e de labra, remozada toda ela recentemente e distribuída en dúas plantas cun parcial aproveitamento do soto.

A súa distribución interior reserva dúas áreas e varios espacios para ó arquivo municipal, pendente dunha localización centralizada e suficiente. Na actualidade ocupa o arquivo dúas pequenas salas no soto do edificio, unidas por unha zona común, cun total de vintecinco metros cadrados; foron no seu día dotadas de axeitadas condicións de habitabilidade e equipamentos suficientes que inclúen estantería metálica, mesa de consulta e aparato deshumidificador.

Ante a manifesta insuficiencia espacial procedeuse á habilitación , inicialmente con cara`cter provisional, dun novo local de arquivo, logo da supresión do que, provisionalmente, se viña utilizando na planta baixa. Elixiuse para esto un local fóra da casa do concello -unha ampla sala rectangular na primeira planta da casa de cultura- que inicialmente comparte co depósito de fondos e materiais do Museo do Mar. Este novo local foi dotado en diferentes fases de estantería metálica e ficheiro.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/01/2008 11:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/