[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Mos » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Mos
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
MOS 

O local

Inicialmente o arquivo ocupaba o baixo cuberta da casa do concello, edificio illado a carón da autovía, en granito, de mediados do século XX, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, no que resalta unha torre central. O arquivo formábano varias salas intercomunicadas cun total de 64 metros cadrados e 155 metros lineais de estanterías.

En todo caso a ubicación e a insuficiencia do local motiva o traslado á planta baixa dunha edificación municipal en Petelos, próxima á casa do concello, no que tamén se encontran na súa primeira planta entre outros servicios a biblioteca municipal.

Este novo local, que ten una forma cadrada, foi convenientemente axeitado para o seu fin, cunhas condicións de habitabilidade notables, con ventilación e iluminación suficiente e con equipamentos meritorios, destacando entre eles o sistema compactado de estantería e o mobiliario para traballo e consulta.

A ocupación plena dos espazos existentes, optouse por habilitar un novo local de arquivo, primeiro de forma provicional na segunda planta do edificio de Centro de Desenvolvemento Local do concello de Mos en Puxeiros e posteriormente nun edificio próximo destino a diversos servizos municiapis; equipóuse este amplo local, con máis de 250 metros cadrados, con estantería metálica compactada, nunha ampla sala na que se instalaron os documentos remitidos dende as oficinas relativos aos últimos anos de xestión.

No ano 2017 adaptouse nunha edificación municipal a carón do Centro de Desenvolvemento Local, en Puxeiros, un amplo local para albergar a documentación que estaba depositada no CDL e as seguintes tranferencias remitidas dende as diferentes oficinas municipais.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 01/02/2019 15:02
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/