[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Mos » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Mos
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
MOS 

Introducción

O concello de Mos sitúase no val do río Louro, a carón dos concellos de Vigo, Redondela e Porriño. Conta cunha superficie total próxima ós 51 quilómetros cadrados nos que se distribúen as súas dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso. Tradicionalmente o concello incluíase no partido xudicial de Redondela, sendo agregado nas súas sucesivas desaparicións no de Vigo, Tui e finalmente no de Porriño.

Este concello establécese constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos variacións apreciables agás as referidas ós sucesivos cambios de capitalidade.

O proceso de organización dos fondos documentais iníciase no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espacio adicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da propia casa do Concello. En sucesivas etapas prodúcense reincorporacións e actualizacións documentais e no ano 1995 a adaptación ó novo cadro de clasificación proposto para o seu uso a nivel nacional.

Coincidindo con elo trasládase o conxunto documental a un novo local, na planta baixa do edificio municipal que comparte coa biblioteca, e procédese á informatización dos seus instrumentos de descrición.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/11/2003 14:20
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/