[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Vila de Cruces » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Vila de Cruces
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
VILA DE CRUCES 

Introducción

O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes.

Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro.

No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade da escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944.

Deste funcionamento continuado do concello de Carbia e posteriormente Vila de Cruces xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do propio concello e nos últimos anos polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación na que se dispón dunha superficie suficiente e axeitadamente equipada para a súa conservación, tratamento e consulta.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, o último dos arquivos municipais da comarca do Deza organizados, realizándose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/07/2007 09:43
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/