[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Estrada, A » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Estrada, A
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
ESTRADA, A 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organizacións e descripcións dos fondos documentais conservados no arquivo documental inventariouse un total de 11.240 unidades de instalación con documentos que presentan unhas datas extremas puntuais dende 1840 ata 2016.

En realidade este elevado volume documental dos maiores conservados nos concellos da provincia, presenta notorias perdas documentais especialmente no referido á documentación xerada no século XIX. Documentación referida ás quintas e milicias non se conserva con anterioridade a 1920; no caso das eleccións dende 1924; os padróns de habitantes e censos de poboación dende 1924; aquela que se refire ás obras municipais e particulares dende 1890 agás algún expediente solto.

O mesmo ocorre coa documentación derivada do control e xestión presupostaria que se conserva con certa continuidade dende 1894. Incluso dos libros de actas dos órganos colexiados faltan algúns testemuños correspondentes o concello de Cereixo (anteriores a 1841) ou dos anos 1860 a 1869, entre outros.

A maior parte do fondo conservado (mais dun 35%) corresponde a sección 4 de Facenda, tanto referida a cuestións presupostarias coma retributivas ou recadatorias. Pola contra a metade dos elementos descriptivos que conforman o inventario detallado corresponden ás obras particulares e municipais e ás industrias.

A totalidade deste conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descripción que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario sinxelo complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático, nunha base de datos formada por 58.490 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:43
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/