[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Neves, As » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Neves, As
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
NEVES, AS 

Introducción

O concello das Neves enclávase na comarca do Condado dentro do Partido Xudicial de Ponteareas; ten unha superficie total de 67 quilómetros cadrados e fórmano un conxunto de trece parroquias: San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns, Cerdeira, Liñares, As Neves, Rubiós, Setados, Taboexa, Tortoreos, Vide e San Cibrán, San Xosé e Santiago de Ribarteme.

Constitucionalmente créase o concello dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, co nome de Setados, con capitalidade neste mesmo lugar e formado por doce parroquias. Será no ano 1904, creada xa a parroquia das Neves segregada da de Setados e logo do traslado da capitalidade na década dos sesenta do século pasado, cando se faga efectivo o cambio de nome do concello pasando á denominación que hoxe se conserva.

O proceso de organización dos fondos documentais conservados no arquivo municipal das Neves por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental iniciase por vez primeira no ano 1990, sobre unha documentación parcialmente organizada pero carente de instrumentos de descrición e cun nivel de conservación aceptable.

A partires desta actuación desenvolvéronse sucesivos procesos de actualización e reincorporación documental, así como a adaptación ó novo cadro de clasificación adoptado a nivel nacional nos últimos anos e a informatización dos instrumentos de descrición.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/11/2003 14:10
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/