[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Dozón » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Dozón
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
DOZÓN 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 875 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1848 ata 2013; a pesar deste dato a práctica totalidade da documentación corresponde ó século vinte.

Destaca o escaso volume documental motivado por perdas documentais especialmente de fondos documentais do século dezanove. Son moi significativas especialmente as dos libros de actas do Pleno, conservados só dende 1862 e non na súa totalidade.

A maior parte dos fondos pertencen á sección de Facenda, conservándose documentación contable dende 1858 e referida á contribución territorial rústica dende 1848. É de destacar dentro da sección Servicios os documentos electorais dende 1877, das quintas dende 1867 ou dos padróns de habitantes dende 1885, anque todos eles con certa descontinuidade.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello como no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 10.633 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:26
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/