[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Lalín » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Lalín
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10 11
LALÍN 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal, inventariouse un total de 6.393 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai dende 1841 ata 2017.

A práctica totalidade dos fondos corresponde ó século vinte, con notables perdas documentais, xa que non van máis alá os primeiros documentos conservados de moitas series: as de quintas (1902), eleccións (1941), padrón municipal de habitantes (1908), persoal municipal (1887) u obras particulares (1906).

Anteriores soamente destacarían os expedientes xudiciais da Alcaldía, referidos ás conciliacións celebradas diante do Alcalde dende 1852; os libros de actas do Pleno dende 1841, con pequenas lagoas de 1893 a 1900 e de 1912 a 1917, e a documentación dos diferentes impostos municipais dende 1857.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 36.675 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 01/02/2019 14:57
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/