[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » ..... » Fondos e coleccións » Outros fondos » Fondos públicos » Asociación da Prensa de Vigo
Páxina Principal
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Outros fondos
Fondos públicos
Unión de Xornalistas de Pontevedra
Asociación da Prensa de Vigo
Xunta Provincial de
Ordenación Económico-Social
Xunta de Axuda a Municipios
Instituto Nacional de Colonización
Xunta Provincial de Electrificación
Ateneo de Pontevedra
Servizo Nacional de
Inspección e Asesoramento
das Corporacións Locais
Padroádego de Vivendas
de Funcionarios
Gota de Leite
Inclusa Provincial
Hospicio
Fondos privados
Familia Caamaño
Casa de Porto-Briallos
Colección Gaspar Massó
Familia Malvar
Familia Mosquera
Familia Domínguez-Sánchez
Familia Nores
Colección Augusto Bárcena Saracho
Marqueses de Leis
Pazo da Buzaca
Pazo Torre Quintáns
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10 11 12
ARQUIVO DEPUTACIÓN PROVINCIAL 

Asociación da Prensa de Vigo




 


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.18.
1.2. Título ASOCIACIÓN DA PRENSA DE VIGO
1.3. Datas 1930-1995
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 79 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, con 537 expedientes ou agrupacións documentais


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Asociación da Prensa de Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Asociación da Prensa de Vigo nace o domingo 21 de marzo de 1909 nos locais de Sociedade Coral “La Oliva” logo de varios intentos anteriores fallidos, sendo o seu primeiro presidente Miguel Fernández de Lema. Logo duns anos de actividade paralizada retómase con forza e renace no ano 1924, baixo a presidencia de Roberto Blanco Torres, non sen certas tensións. Xa dende 1933 empézase o intento de a edición da “Hoja” a iniciativa de Manuel Lustres Ribas, que será logo o seu director no primeiro número de 4 de maio de 1936, que foi requisado polas autoridades militares a pouco de saír. Dende aquela, con diversas problemáticas, talleres de edición, formatos..etc., supón un vehículo informativo e de expresión dependente da asociación que se editaba os luns en exclusiva, así como unha fonte de ingresos primordial para o seu funcionamento ata a súa desaparición en 1981, coincidindo coa habitual publicación de diarios deportivos e nacionais tamén en luns. Haberá un intento bastante recente de editar unha “Hoja de los periodistas” que non tería moita continuidade. A perda de forza económica foi minguando o ofrecemento de servizos ós asociados e por causas diversas este movemento corporativo foi perdendo incidencia ata o seu estado actual.
2.3. Historia arquivística O fondo documental foi recollido na propia sede da asociación, daquela situada na rúa Marqués de Valladares, 23 1º, Vigo o día 18 de decembro de 2006. Logo dun proceso de limpeza e de eliminación de duplicados e impresos, procedeuse á súa organización e ordenación, partindo dun fondo documental que, agás parte de correspondencia, presentaba moita desorde. Os traballos foron desenvoltos por Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín.
2.4. Forma de ingreso Depositado polo presidente da Asociación de Periodistas de Vigo, Luis Fernando Ramos Fernández.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Constitúe un importante fondo documental para poder estudar a realidade dos protagonistas da prensa viguesa, especialmente no relacionado coa “Hoja del Lunes”. Destacan neste fondo a documentación referida ás actuacións dos órganos de goberno (Xunta Directiva e Asemblea Xeral) así como a derivada das relacións coas diferentes asociacións nacionais. É de interese tamén o control dos socios, tanto activos coma non, dende 1936 ata a actualidade, así como toda referida a un variado conxunto de actividades (celebracións, premios, festa do deporte, asembleas profesionais..) que desenvolveu a asociación dende 1949. Boa parte do fondo ocúpano os testemuños do control económico e a propia correspondencia, así como o referido o funcionamento da “Hoja del Lunes”.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo
3.3. Novos ingresos Puidera nun futuro ampliarse este fondo con aportacións documentais hoxe desperdigadas pero que no seu día pertenceron a este fondo, que se están intentando recuperar polos responsables da Asociación.
3.4. Organización Este fondo está organizado no seguinte cadro de clasificación:
1.- ÓRGANOS DE GOBERNO
1.1.- Expedientes de sesións da Xunta Directiva (1966-1984)
1.2.- Libros de actas da Xunta Directiva (1937-1978)
1.3.- Expedientes de sesións da Asemblea Xeral (1965-1988)
1.4.- Libros de actas da Asemblea Xeral (1937-1984)


2.- SOCIOS
2.1.- Expedientes persoais (1936-1993)
2.2.- Axudas e mutualidades (1966-1993)

3.- ADMINISTRACIÓN
3.1.- Libro rexistro de entrada de correspondencia (1976-1994)
3.2.- Correspondencia (1943-1995)
3.3.- Asuntos xurídicos (1961-1986)
3.4.- Expedientes de persoal (1974-1982)
3.5.- Expedientes de patrimonio (1958-1982)
3.6.- Libro rexistro de saída de correspondencia (1976-1994)

4.- ACTIVIDADES
4.1.- Asembleas Nacionais / FNAPE (1949-1999)
4.2.- Premios, concursos (1957-1994)
4.3.- Festa do Deporte (1970-1983

5.- “HOJA DEL LUNES”
5.1.- Correspondencia (1939-1968)
5.2.- Expedientes Hoja del Lunes (1961-1983)
5.3.- Hoja de los Periodistas (1993-1995)

6.- CONTROL ECONÓMICO
6.1.- Libro de caixa (1938-1987)
6.2.- Libro de contas correntes (1974-1976)
6.3.- Libro de inventarios e balances (1938-1947)
6.4.- Documentos contables (1949-1995)

7.- FOTOGRAFÍAS E MATERIAIS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: Bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 537 rexistros


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais A colección completa de a “Hoja del Lunes” foi depositada pola Asociación no seu día no arquivo municipal de Vigo
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen
5.3. Unidades de descrición relacionadas No propio arquivo da Deputación consérvase un pequeno fondo da Unión de Periodistas de Pontevedra.
5.4. Nota de publicacións *90 Años de la Asociación de la Prensa de Vigo/ Joaquín Rolland Andrade, coord..- Vigo:Asociación de la Prensa, 1999. *Hoja del Lunes.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8 9 10 11 12

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 12:33
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/