[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 16 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Salvaterra de Miño » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Salvaterra de Miño
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
SALVATERRA DE MIÑO 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariouse un total de 4.078 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai dende 1831 ata 2017.

Destaca neste conxunto documental a relativa as quintas e milicias, con testemuños continuados dende 1831, que xunto coa relativa ós padróns municipais e a contribución territorial rústica veñen a sela práctica totalidade da conservada relativa ó século dezanove.

Os presupostos e contas municipais alcanzan ó ano 1886, con continuidade dende entón; as actas do Pleno soamente empezan a existir dende 1887 o que supón unha considerable lagoa informativa e perda documental.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático, nunha base de datos formada por 34.239 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2018 10:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/