[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Salvaterra de Miño » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Salvaterra de Miño
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
SALVATERRA DE MIÑO 

Introducción

O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, A Cañiza, Salceda de Caselas e Mondariz.

Ocupa unha superficie superior ós cincoenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente.

Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias.

Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.

Deste funcionamento continuado do concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación, na que se dispón dun local debidamente equipado para a súa conservación, tratamento e consulta.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón, nos anos 2002, 2005 e 2007, procesos de reincorporación, ademais da informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo o traslado ó novo local actual, logo dun prolongado período de certo abandono.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/08/2007 11:32
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/