[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Oia » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Oia
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
OIA 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariouse un total de 2.085 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai de 1830 ata 2016.

A maior parte da documentación corresponde ó século XX, con bastantes testemuños do século anterior, especialmente significativos no caso das actas dos órganos colexiados de goberno; consérvase a totalidade dos libros de actas do Pleno dende 1830 e dos da Comisión Municipal Permanente dende 1924.

A documentación das quintas e milicias alcanza ata o ano 1856, con certa continuidade, o mesmo que ocorre coa documentación contable, neste caso dende 1837; son moitas as series que acadan as primeiras décadas do século dezanove; tal é o caso das relacionadas cos procesos electorais, sanidade, ou mesmo co padrón municipal de habitantes.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 21.674 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 13:23
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/