[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Poio » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Poio
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
POIO 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 5.596 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai de 1835 ata 2015.

A maior parte da documentación corresponde ó século XX, con algúns testemuños do século anterior, especialmente significativos no caso das actas dos órganos colexiados de goberno, ou naqueles documentos derivados da función xudicial da Alcaldía antes do establecemento en 1870 dos xulgados de paz ou os libros de rexistro de nacidos, casados e defuncións anteriores ó establecemento do Rexistro Civil na data antes citada.

A documentación das quintas e milicias alcanza ata o ano 1835, con certa continuidade, o mesmo que ocorre coa documentación contable, neste caso dende 1844; sen embargo, son moitas as series que a penas acadan máis alá das primeiras décadas do século pasado; tal e o caso das relacionadas cos procesos electorais, sanidade, beneficencia, labor cultural ou mesmo cos padróns de habitantes.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático, nunha base de datos formada por 37.974 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 11:39
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/