[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Redondela » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Redondela
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
REDONDELA 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 8.072 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai dende 1848 ata 2016.

A pesares do elevado número de unidades de instalación, superior á media provincial, a maior parte da documentación corresponde ó século XX, sendo raros os documentos do dezanove, agás casos concretos: os impostos por contribución rústica e urbana dende 1848; a documentación presupostaria dende 1880, e os libros de actas do Pleno que so se conservan dende 1870 e cunha notable lagoa nos anos 1894 a 1907, o que conleva a ausencia dunha notable fonte de información.

En casos como os dos padróns municipais de habitantes (1920), eleccións e censos electorais (1955), as quintas (1923) ou mesmo o persoal municipal (1911), a documentación máis antiga pertence ó século pasado.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 68.857 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 11:35
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/