O local
A casa do Concello de Redondela é un edificio exento, construído en pedra, con baixo e planta, no que resalta o torreón lateral da súa fachada principal.
Na actualidade ocupa o arquivo a parte traseira da planta baixa, loga da recente ampliación das instalacións adicadas á conservación da documentación producida polo concello. Este novo espazo conta con catro salas de depósito e unha zona de traballo e consulta, cun total de 134,72 metros cadrados.
Neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a instalación da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de traballo e consulta, ficheiro e ordenador, e procedéndose a dispor en todolos depósitos estantería metálica compactada, suficiente para a instalación da documentación conservada na actualidade.
|