[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11 12
AUDIOVISUAIS 

MAIL ART



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038.ADP
1.2. Título Mail Art
1.3. Datas 1972-1983
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Inventariadas 156 unidades documentais con moi diferentes soportes aínda que o maioritario é o papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Múltiples
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Os documentos proceden de diferentes artistas internacionais que enviaron as súas obras e se expuxeron nunha sección da Bienal de Arte de Pontevedra no ano 1983
2.3. Historia arquivística As bienais de arte da Deputación parten do ano 1969 e foron adquirindo relevancia e continuidade ata a actualidade. Así dentro do conxunto da mesma bienal do ano 1983 realizouse unha exposición cunha sección dedicada á idea creativa da correspondencia, denominada Mail art. Rematada dita exposición, de resultado polémico por algún dos contidos das imaxes aportadas polos artistas, finalmente as obras orixinais foron recollidas polo arquivo e inventariadas, aínda que unha parte importante foi mutilada ou desaparecida (a máis polémica). Permaneceu algún tempo sen especial atención, simplemente inventariada, ata os anos 2004-2005 nos que foi catalogada e descrita nunha base de datos con inclusión de imaxe de cada peza
2.4. Forma de ingreso Ingreso único procedente da mesma deputación de Pontevedra


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Aínda que é unha colección moi específica cremos que ten un interese plástico e artístico relevante xa que participaron artistas relevantes de todo o mundo nunha convocatoria de arte estrictamente pontevedresa, e tendo en conta que son obras orixinais dos distintos autores teñen o seu propio valor intrínseco
3.2. Valoración, selección e eliminación Recolleuse a totalidade do conservado sen aplicación ningunha de selección nin eliminación
3.3. Novos ingresos Non existe posibilidade aparente de novos ingresos
3.4. Organización Non ten organización definida que cremos se suple coa súa completa base de datos


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para todos os cidadáns
4.2. Condición de reprodución Reproducións libres para á administracións e investigadores, sempre con respecto lei vixente e especialmente á lei de propiedade intelectual...
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Maioritariamente castelán, aínda que tamén múltiples linguas
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O soporte maioritario é o papel, aínda que existen outros soportes (metal, plástico, vinilo, cartón, madeira, tecido... e non precisan de ningún material técnico específico para súa consulta
4.5. Instrumentos de descrición Ademais do rexistro/inventario dispón dunha base de datos independente, e un catálogo editado pola Deputación


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Algunhas obras, probablemente, por seren estampacións, teñan os matriciais os seus propios autores
5.2. Existencia e localización de copias Descoñécese pero non é probable a súa existencia
5.3. Unidades de descrición relacionadas Descoñécese, aínda que é moi posible que existan
5.4. Nota de publicacións Catálogo da 7ª Bienal de Arte. “Mail art”, editado pola Deputación. Provincial de Pontevedra. 1983. Pontevedra


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Director Miguel Pereira Figueroa
7.2. Regras ou normas Aplicación básica ás normas ISAD (G )
7.3. Data da descripción Xullo de 2010

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11 12

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2012 13:37
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/