[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 [10] 11 12
AUDIOVISUAIS 

Fondos musicais



Disco de 78 r.p.m.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038.ADP
1.2. Título Fondos musicais
1.3. Datas 1910 aprox.- 2009
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Inventariadas 6.061 unidades documentais en distintos soportes (lousa, matriz de aluminio, vinilo, casete, cartucho, CD, DVD e Memoria USB)


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Múltiples
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Os documentos proceden de diferentes casas produtoras e editoriais tanto españolas coma estranxeiras, pero con contidos galegos.
2.3. Historia arquivística Sensible á urxencia da recompilación do noso patrimonio musical, a Deputación de Pontevedra creou en 2004 un arquivo específico para a conservación e difusión das gravacións musicais galegas éditas e inéditas en calquera soporte realizadas en Galicia e mais as realizadas fóra do noso territorio que estean relacionadas coa nosa cultura. O Arquivo Musical comezou nutríndose de adquisicións en Galicia así como no resto da península, e nos países americanos nos que a emigración galega tivo máis incidencia polo que se desenvolveu unha industria discográfica e mesmo cinematográfica en relación á nosa cultura como o caso de Cuba, Arxentina e Uruguai. Esta iniciativa entronca coa tradición de apoio permanente desta Deputación á actividade musical da provincia que desenvolve a través do seu Plan Cultural.
2.4. Forma de ingreso A forma maioritaria de ingreso prodúcese por adquisición aínda que algúns dos documentos máis relevantes se obtiveron por doazón


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O fondo recolle as distintas formacións musicais e estilos que estiveron presentes na nosa cultura ao longo de todo o s. XX ata a actualidade. Entre as formacións podemos atopar coros populares, grupos de gaiteiros, pandereteiras, bandas de música, rondallas, tunas, masas corais, grupos e solistas de música clásica, folk, rock, pop, jazz, rap ou hip-hop, cantautores, cantantes, orquestras ou orquestras sinfónicas, que abranguen diferentes estilos que van dende a música tradicional, popular e clásica ata os xéneros máis vangardistas e actuais.
3.2. Valoración, selección e eliminación Polo seu valor testemuñal se arquivan todos os documentos que o Centro recibe independentemente do seu estado de conservación. Dada a fraxilidade e a dificultade da adquisición no tempo de determinados soportes, creouse un fondo paralelo de gravacións duplicadas co fin de complementar o fondo principal.
3.3. Novos ingresos A política de adquisición do centro está dirixida en primeira orde á incorporación das novidades musicais do momento e á procura dos documentos sonoros máis antigos, xa que corren maior risco de desaparición. En segunda orde trátase de chegar ao maior número de documentos posibles.
3.4. Organización O Arquivo Musical está organizado en base ó criterio dos soportes nos que se presentan os documentos, atopándose estes clasificados en unidades de instalación axeitadas ás características de cada un deles.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para todos os cidadáns
4.2. Condición de reprodución A documentación sonora está a disposición de todos os cidadáns para a súa consulta, investigación, e outros empregos que non teñan carácter comercial, respectando os dereitos dos fonogramas, dos autores e máis dos artistas, segundo a Lei de propiedade intelectual vixente. Respecto ás gravacións inéditas, ben sexan de produción propia ou non, estudarase o caso concreto en función do tipo de material, limitacións de uso e outros.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos O galego e o castelán son as linguas maioritarias na interpretación vocal e a información dos documentos, e de xeito excepcional inglés, francés, alemán e outras.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O centro dispón de reprodutores profesionais controlados polos técnicos do arquivo para a audición dos distintos soportes que conforman o fondo sonoro. O centro dispón de reprodutores profesionais controlados polos técnicos do arquivo para a audición dos distintos soportes que conforman o fondo sonoro.
4.5. Instrumentos de descrición Para a descrición dos documentos disponse dun rexistro/inventario, un catálogo en liña, información na páxina web e unha base de datos que se pode consultar no propio Arquivo, que proporciona información detallada en dous niveis de profundidade: nun primeiro nivel descríbese polo miúdo cada unidade física, e nun segundo nivel constan os datos sobre cada unha das pezas musicais que compoñen a unidade, atendendo a compositores, intérpretes, instrumentos que interveñen ou duración.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais O 3% dos fondos musicais pertence ao grupo de pezas únicas que engloba as gravacións sonoras inéditas e algunhas das editadas como as promocionais e outras debido a súa antigüidade ou rareza. O 97% restante corresponde a gravacións editadas, cuxos orixinais forman parte dos arquivos das respectivas compañías fonográficas propietarias..
5.2. Existencia e localización de copias Boa parte das gravacións musicais pódense atopar noutros centros especializados, museos, bibliotecas públicas, arquivos das emisoras de radio e cadeas de TV, e mais en coleccións privadas.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Fondos similares poden ser consultados no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, na Fonoteca da USC, no Museo de Pontevedra, no Museo do Pobo Galego, na CRTVG e na TVE en Galicia.
5.4. Nota de publicacións En 2008 a Deputación de Pontevedra en colaboración co selo Edicións do Cumio editou o CD Música en Pontevedra: Agrupacións da Provincia. A editorial desta Deputación publicou monografías de temática musical galega que poden ser consultadas na súa Biblioteca ou a través do catálogo en liña.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Director Miguel Pereira Figueroa
7.2. Regras ou normas Aplicación básica ás normas ISAD (G )
7.3. Data da descripción Maio de 2009

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 [10] 11 12

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/10/2012 13:39
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/